"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo afeccionado, cunha produción que se concentra entre os anos 1920 e 1960. A súa profesión de xuíz foino levando dunha localidade a outra por todo o estado español, e nelas dedicouse a fotografar os aspectos que máis lle interesaron, cultivando os xéneros clásicos da paisaxe, o retrato, as mariñas, tipos populares e edificios e lugares de interese histórico-artístico. De entre eles, o xénero que máis identifica o seu traballo é o das mariñas realizadas nas rías galegas. As súas fotos concíbense sempre dende puntos de vista convencionais, semellantes aos que eran comúns entre a maioría dos fotógrafos afeccionados do resto do estado por eses anos, é dicir, un certo pictorialismo e descoñecemento dos novos movementos fotográficos europeos ou americanos. Foi membro fundador da Agrupación Fotográfica Gallega, no ano 1946, en Vigo. Ignacio Cela Muruais e José Enrique Acuña (1984) publicaron un libro co que se pretende a recuperación do seu traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Uttar Pradesh, na India, considerada a cidade máis santa do Hinduísmo (932.399 h [1991]). Situada no centro do val do Ganxes, esténdese ao longo deste río; ás súas beiras hai un gran número de ermidas, templos e pazos de diversos estilos artísticos, xunto con ghāts (amplas escalinatas) para os baños sagrados dos peregrinos. A chegada destes fai que a poboación de Benarés se incremente constantemente. Entre os seus monumentos destacan a mesquita de Aurangzeb, o templo dourado de Shiva de Vivanesvar e o observatorio astronómico (preto do Māndir Ghāt). Benarés é, por outra banda, un núcleo industrial (industria téxtil, metalúrxica, química e de manufacturas do tabaco), e está comunicada por ferrocarril e estrada con Nova Delhi e Calcuta. A súa tradición histórica, cultural e relixiosa converteuna nun importante centro dos estudios sánscritos e hinduístas, entre os que cómpre salientar o Sanskrit College, aberto no 1791, que foi o núcleo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Preocupado polo debuxo e a luz, realizou paixases con escenas costumistas de ámbito galego. O seu paisaxismo está vinculado con Sorolla, a quen coñecía das visitas ao seu obradoiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmaceútico e político. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1955), foi elixido presidente do Colexio Oficial de Farmaceúticos de Ourense (1968-1982). Foi deputado electo do Parlamento de Galicia pola Unión de Centro Democrático (UCD) na primeira lexislatura (1981-1985), e senador en representación da Comunidade Autónoma en 1983. En 1986 foi elixido deputado no Congreso, encabezando a candidatura de Coalición Galega pola circunscrición de Ourense, e converténdose no primeiro representante galeguista no Parlamento español desde a Segunda República.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello de precisión construído por F. W. Bessel para a medida de bases.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte máis alta dalgunha cousa, polo xeral, cando acaba en punta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano que presenta dúas liñas sobresaíntes.
-
PERSOEIRO
Político francés. Deputado por París na Convención, foi un dos organizadores do Terror (1793). Despois opúxose a Robespierre e participou na reacción do 9 de Termidor. Foi deportado en 1795. Publicou Les éléments du Republicanisme (Os elementos do Republicanismo, 1793).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a narrativa fantástica ambientada en mundos irreais, con técnicas do absurdo. Con frecuencia, a versión que fai do fantástico constitúe unha parodia do xénero: a estrañeza xorde moitas veces do ángulo humorístico desde o que se contempla o irreal. Foi colaborador asiduo da revista Sur e director da colección policial “El Séptimo Circulo”. Hai que sinalar as súas variadas colaboracións literarias e cinematográficas con Jorge Luis Borges e Silvina Ocampo. En 1990 recibiu os Premios Cervantes e Alfonso Reyes. Publicou: La invención de Morel (1940), Plan de evasión (1945), La trama celeste (1948), Guirnalda con amores (1959), El lado de la sombra (1962), El gran Serafín (1967), Diario de la guerra del cerdo (1969), Historias de amor (1972), e Una muñeca rusa (1991), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral setentrional da ría de Muros e Noia, na parroquia de Outeiro (concello de Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e histólogo. Foi un dos primeiros en decatarse da importancia médica da microscopia anatomopatolóxica. Publicou o Manuale di microscopia clinica (Manual de microscopia clínica, 1879).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica total ou parcial dunha pálpebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica dunha parte do músculo orbicular das pálpebras en casos de presión anómala da pálpebra sobre a córnea.
-
PERSOEIRO
Escritora coñecida como Isak Dinesen. Estudiou Arte en Copenhaguen, París e Roma. Entre os anos 1914 e 1931 trasladouse á África oriental británica para dedicarse ao cultivo do café, pero, arruinada pola caída dos prezos nos mercados internacionais, viuse obrigada a regresar a Dinamarca. Escribiu en inglés, aínda que reescribiu os seus traballos para as publicacións danesas. O seu primeiro libro foi Seven gothic tales (Sete contos góticos, 1934); seguiulle Out of Africa (Lonxe de África, 1937), onde recolleu os recordos da súa etapa africana; en Shadows on the grass (Sombras na herba, 1960) continuou o mesmo tema. Publicou tamén Winter’s tales (Contos de inverno, 1942), Last tales (Últimos contos, 1957) e Anecdotes of destiny (Anécdotas do destino, 1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superficies que separan os dominios dun material ferromagnético, caracterizados por un valor uniforme da polarización magnética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
bocarte.
-
PERSOEIRO
Ilustrador e pintor. Estudiou Belas Artes na escola de Sant Carles de València (1961-1966). Alternou os seus estudios coa práctica do pop-art. Colaborou con Armengol e Heras (Trilogia monoteista, Falconeria). Durante os anos 1966 e 1967 derivou cara a un populismo de matiz moralizante. Entre 1974 e 1980, a súa obra redescubriu un certo barroco doméstico que incorpora obxectos ao lenzo ou simula cadros desconxuntados. Desta época salientan as obras Trama i ordit (Trama e urdidura, 1978) e Deu imatges de les Germanies (Dez imaxes das Xermanías, 1978). No campo da ilustración publicou numerosos libros infantís e xuvenís, revistas e diarios. No 1980 gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas e no 1986 o Premio Nacional de Ilustración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO