Boletín de las Escuelas Populares Gratuitas
Boletín de las Escuelas Populares Gratuitas
Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.