"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de grávido.
-
-
Que está en período de xestación.
-
Que está cheo ou cargado de algo.
-
Que é pesado e pouco áxil.
-
-
-
Parte da xeofísica que se ocupa da medida da aceleración da gravidade g (fundamentalmente, mediante o estudio do péndulo e da caída libre) e da medida cun gravímetro das anomalías que esta aceleración presenta.
-
Técnica de análise química cuantitativa, que se basea na determinación directa do peso da substancia problema contido nun peso predeterminado de mostra, ou na do peso dun derivado daquela substancia. O proceso dunha determinación gravimétrica inclúe a pesada e a disolución da mostra, o tratamento adecuado da solución que se obtén para separar ou enmascarar os elementos que poderían interferir na pesada final, e a precipitación do elemento desexado ou do derivado que se pesa. Case sempre se purifica o precipitado, mediante unha dixestión prolongada en contacto coas augas nais ou por nova precipitación. O precipitado, unha vez que se obtén, íllase por filtración ou lavado; sométese a algunha clase de tratamento térmico e pésase. O tratamento térmico pode ser un simple quentado na estufa, por exemplo, a 110°C; pero ás veces trátase a unha temperatura superior (ata 1.200°C nalgúns casos), co fin de convertelo nunha forma estable e de fórmula química definida. Na electrogravimetría, o elemento...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á gravimetría.
-
-
Aparato que serve para medir a anomalía da aceleración da gravidade. Os gravímetros dinámicos baséanse na medida do período de oscilación dunha masa oscilante que se somete á forza da gravidade e a outra forza ou par antagónicos. Os gravímetros estáticos, que máis se empregan, baséanse na medida da posición de equilibrio dunha masa que se someten ás mesmas forzas.
-
Tipo de aerómetro para determinar o peso específico dos sólidos.
-
-
PERSOEIRO
Mariño. Ingresou na Armada española en 1775 e participou nos sitios de Xibraltar (1779), na reconquista de Menorca (1781) e na expedición contra Alxer (1783). Comandante no 1784, foi promovido a xefe de escuadra (1792) e interveu na toma e evacuación de Toulon xunto cos británicos (1793-1794). Dirixiu a escuadra de Cádiz desde 1805 como tenente xeneral, despois da declaración de guerra ao Reino.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de gravitar.
-
In-teracción gravitacional. A gravitación é unha das catro interaccións fundamentais; experiméntana todas as partículas, con enerxía, e a partícula mediadora é o gravitón. Desde o punto de vista da mecánica clásica (newtoniana), os corpos atráense polo feito de ter masa, máis concretamente masa gravitacional. Pódese visualizar esta atracción gravitacional mediante un campo vectorial. Este campo gravitacional é un campo conservativo que deriva do potencial gravitacional. A forza gravitacional que experimenta unha masa puntual m’ para situarse nun punto r do campo gravitacional enxendrada pola masa m é F =m’ g ( r ). Esta forza é conservativa; deriva da enerxía potencial gravitacional. A expresión desta forza coñécese como lei da gravitación universal ou da atracción universal. Desde o punto de vista da relatividade xeral, o campo gravitacional é a curvatura do espacio-tempo...
-
-
-
Relativo ou pertencente á gravitación.
-
Imaxe predita por Einstein, pola que a luz que procede dunha galaxia que se sitúa detrás dun cúmulo queda distorsionada pola atracción gravitatoria desta. Un caso particular é o anel de Einstein.
-
-
-
-
Cargar, un corpo, o seu peso sobre outro.
-
Moverse ou xirar dentro do ámbito de influencia de algo ou alguén.
-
-
Resultar algo unha ameaza ou un perigo.
-
Estar, un corpo, sometido á atracción gravitatoria doutro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partícula que transmite a interacción gravitacional.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Comezou como actor de teatro, guionista e dirixiu algunhas curtametraxes. Foi un dos maiores impulsores das técnicas cinematográficas, xa que inventou o primeiro plano, a montaxe paralela, o travelling e o flash-back. A principios da segunda década do s XX instalouse, xunto cun grupo de actores e técnicos, no lugar deshabitado de Holly-wood, preto de Los Angeles. Alí dedicouse a rodar películas, entre as que destacan Judith of Bethulia (1914), The Birth of a Nation (1915), America (1924), Isn’t Life Wonderful (1924), The Battle of the Sexes (1928) ou Abraham Lincoln (1930). En 1919 creou, xunto con Charles Chaplin, Douglas Fairbanks e Mary Pickford, a produtora independente United Artists.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político israelí. Coñecido polo nome hebreo de Ben Gurion, en 1906 estableceuse en Palestina e traballou nas primeiras cooperativas agrarias xudías. Colaborou na organización da Lexión Xudía, integrada no exército británico, en que el mesmo se alistou en 1918. Regresou a Palestina baixo o mandato británico (1918) e participou na fundación da Federación Xeral do Traballo (Histadrut) e do Partido Unido dos Traballadores (Mapai). En 1935 presidiu o comité executivo da Axencia Xudía, que actuaba como goberno da comunidade xudía en Palestina. Proclamado o Estado de Israel, foi nomeado primeiro ministro (1948-1953 e 1955-1963), cargo desde onde fomentou a inmigración xudía e o desenvolvemento das terras desérticas. En 1970 retirouse da política. Morreu nun kibbutz, onde pasou os últimos dez anos da súa vida.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Colombia, no departamento de Meta (1.350 km). Nace na Cordillera Oriental Andina, co nome de Guayabero, e desemboca no Orinoco, preto de San Fernando de Atapabo, en Venezuela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comisaría de Colombia (53.460 km2; 110.631 h [estim 1997]). A capital é San José del Guaviare (53.667 h [1997]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Javier Varela Guillot.
-
PERSOEIRO
Poeta e folclorista finlandés. Coñecido polo seudónimo de P. Mustapää, formou parte da corrente Tulenkantajat. O seu interese polo folclore e os mitos populares reflíctese na influencia das formas populares na súa poesía. Publicou, entre outros, os libros de poemas Laulu ihanista silmistä (A balada dos oito encantamentos, 1925), Valikoima runoja (Poemas escollidos, 1958) e o ensaio Soumalaine mytologia (A mitoloxía finlandesa, 1967). Foi membro da Academia Finlandesa (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se dá nos países xermánicos ao piano da época da transición entre o clavecín e o piano actual.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e director de escena inglés. Ten unha longa traxectoria vinculada a compañías como Portable Theatre, Joint Stock Theater, Nottingham Playhouse ou a institucións como o Royal Court Theatre e o National Theatre. Nos seus textos déixase sentir a influencia do cine e destacan pola axilidade e a brillantez dos diálogos, así como por un compromiso permanente coa denuncia da corrupción e da hipocrisía da orde social burguesa. Entre os seus textos máis coñecidos destacan Slag (1970), England’s Ireland (1972), Teeth’n’Smiles (1975), Plenty (1978), A Map of the World (1983), Pravda (1985), Racing Demon (1990), Absence of war (1993), Skylight (1995), Amy’s View (1997) ou The Judas’s Kiss (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía fundada en 1903 por William S. Harley e os irmáns Arthur, Walter e William Davidson, que se dedicaba á fabricación de motocicletas. As primeiras oficinas instaláronas en Milwaukee en 1905.
-
FILOSOFOS
Filósofo e médico. Dentro da corrente materialista da ilustración inglesa, coñécese como o fundador do asociacionismo. Escribiu Observations on Man (1749).
VER O DETALLE DO TERMO