Gruen, David
Político israelí. Coñecido polo nome hebreo de Ben Gurion, en 1906 estableceuse en Palestina e traballou nas primeiras cooperativas agrarias xudías. Colaborou na organización da Lexión Xudía, integrada no exército británico, en que el mesmo se alistou en 1918. Regresou a Palestina baixo o mandato británico (1918) e participou na fundación da Federación Xeral do Traballo (Histadrut) e do Partido Unido dos Traballadores (Mapai). En 1935 presidiu o comité executivo da Axencia Xudía, que actuaba como goberno da comunidade xudía en Palestina. Proclamado o Estado de Israel, foi nomeado primeiro ministro (1948-1953 e 1955-1963), cargo desde onde fomentou a inmigración xudía e o desenvolvemento das terras desérticas. En 1970 retirouse da política. Morreu nun kibbutz, onde pasou os últimos dez anos da súa vida.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Plo&# -
Deceso
Lugar : Tel Aviv