"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • GALICIA

    Escritor. Traballou en diferentes periódicos madrileños, entre eles, El País e Diario Universal (1917). Publicou El pensamiento y las cosas, El conocimiento y el juicio (1911). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Paco Campos, estudou música no Conservatorio da Coruña e na Escola de Música de Santiago de Compostela, ademais de teatro na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Director de dobraxe de Vídeo Galicia e Intereuropa, como actor de teatro colaborou en diversas montaxes teatrais, como Ernest, de O. Wilde, e O auténtico Oeste, de Sam Shepard; e nas series de televisión Pratos combinados, Mareas vivas e Galicia Express e Nada es para siempre. Participou nos filmes Dáme Lume (1993), de Héctor Carré, Ilegal (2002), de Ignacio Vilar, e Heroína (2005), de Gustavo Herrero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Formado como enxeñeiro xeógrafo, foi axente consular de Arxentina e traballou como redactor de xornais. Publicou Los novelistas contemporáneos (1903), Estudios económicos: el proteccionismo en Argentina (1904), Problemas económicos e financieros (1905) e Impresiones (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e gramático. Despois de residir en diversos países europeos, estableceuse en Bos Aires, onde traballou nos campos da edición e o ensino. Traduciu do grego ao castelán as traxedias de Esquilo Agamenón, Las Coéforas, Las Euménides e Siete contra Tebas (1967). Ademais, editou o manual La lengua gallega: primitiva lingua visigothica. Su origen y evolución (1976), en que reivindica a dependencia do castelán con respecto ao galego, e Conflito lingüístico e ideoloxía en Galicia (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario da comunicación. Foi presidente de Hércules de Ediciones, de Nova Construción Galega SA, de Inmobiliaria Residencial del Noroeste SA e da Fundación Rodríguez Iglesias, creada para promover a arte e a cultura galega. Foi o artífice da publicación Proyecto Galicia e recibiu a distinción de Galego do ano do grupo El Correo Gallego (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Comezou a súa carreira na compañía Marigaila, coa que estreou Ensaio festivo (1981), de G. Gambaro; e A noite das tríbadas (1983), de O. Enquist. Co Centro Dramático Galego protagonizou Agasallo de sombras (1984), de Roberto Vidal Bolaño; e Caderno de Bitácora (1985), de F. Taxes. En 1985 fundou a compañía O Moucho Clerc. No ámbito cinematográfico foi protagonista de Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro; e participou en Continental (1989), de X. Villaverde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito, folclorista e crítico. Director da Biblioteca Nacional, dedicouse ao estudo dos autores clásicos e á edición de textos anotados. Especializouse en estudos cervantinos e publicou unha edición de El Quijote (1947-1949). Foi membro da Real Academia Española e académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Funcionario e político agrarista. Loitador antiforista e orador, presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Foi membro do Partido Galeguista, coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929) e alcalde interino do concello de Tomiño en 1931. Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931) e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mago, humorista e presentador de televisión. Como mago obtivo diversos recoñecementos en congresos nacionais e internacionais. Realizou ademais unha xira por distintos países europeos, especialmente por Reino Unido, onde actuou en diversas ocasións na BBC. En España participou en programas de TVE e Tele 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bibliotecario da Universidade de Santiago de Compostela e autor do cronoloxicamente primeiro dicionario galego-castelán, o Dicionario gallego-castellano, elaborado entre 1850 e 1853 e publicado en 1863 na revista coruñesa Galicia. Era, segundo o seu editor Antonio Mª de la Iglesia, parte dun proxecto máis ambicioso que incluía tamén unha gramática, un estudo comparativo do galego con outras linguas, un dicionario castelán galego e unha antoloxía literaria. Recolle arredor de 3.859 entradas e suponse que moitas das voces son das zonas de Bermés e Santiago; pero ademais cita a Sarmiento, a Cornide e a un tal Seguino. O texto orixinal foi manipulado por De la Iglesia que, segundo Pensado Tomé, realizou o labor de “uniformar todos esos materiales, organizarlos alfabéticamente, definir las voces que quedaban simplemente enumeradas, agregar otras, suprimir algunas, y añadir todo lo que le pareció oportuno con tal de seguir el plan que llevaba en su mente el bibliotecario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Gañou o favor da corte de Filipe IV. Retocou e puliu o seu teatro co fin de conseguir en ocasións unha elegancia e unha perfección extraordinarias, e destacou por uns trazos moi característicos, como a figura da dona vingadora da súa honra, que reproduciu en Cada cual lo que le toca, Progne y Filomena, e a intensificación da figura cómica en Entre bobos anda el juego ou Don Lucas del Cigarral. Cunha poderosa forza dramática cómpre salientar Del rey abajo ninguno, en que trata o problema da lealdade á monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dorador. Realizou case todas as súas obras en colaboración co seu irmán Xoán Antonio Rolán de Santa Cruz . Destacan o retablo de santa Rosa, na igrexa parroquial da Guarda; os retablos laterais de San Pedro do Castro de Laza; o retablo da Expectación da catedral de Tui (1728) e o retablo maior de Santa Mariña do Rosal (1729).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Foi catedrático de Anatomía Descriptiva e reitor en tres ocasións da Universidade de Santiago de Compostela, á que representou como senador en 1896. Colaborou en El Eco de Santiago e Fin de siglo, e escribiu Tratado de angioneurología o sistema vascular y nervioso, considerados paralelamente en su parte anatómico-filosófica (1869), Ensayo de angilogía anormal: casos de notable anomalía del sistema vascular (1875) e Programa de Anatomía humana: normal y fisiológica, general y descriptiva (1884). Académico da Real Academia Nacional de Medicina, foi académico fundador da Real Academia Galega (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos (1923), escribiu La lengua de Cristóbal Colón (1969), onde tentaba demostrar a orixe galega do descubridor e, postumamente, Vocabulario de Soneira (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Patoloxía Cirúrxica (1910) pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en otorrinolaringoloxía e oftalmoloxía. Publicou numerosos traballos sobre a súa especialidade, como Hematomas del tabique de las fosas nasales como complicación de los traumatismos de la nariz, estudiados a partir del conocimiento de varias observaciones prácticas (1913), Nociones de terapeútica de las enfermedades de la nariz, garganta y oídos: para uso del médico práctico (1913) e Estudio crítico de los medios de tratamiento de la disfagia consecutiva a la tuberculosis laríngea (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado pola Unión Liberal (1856), participou na Revolución de 1868. Foi ministro de Fomento (1872) e de Gobernación (1874-1875, 1879-1881 e 1884). Colaborou cos conservadores na Restauración, pero en 1885 rompeu con eles e fundou o Partido Reformista, situado entre conservadores e liberais. Fracasado o intento de 1888, volveu ao Partido Conservador e ocupou os ministerios de Ultramar (1891-1892) e de Graza e Xustiza (1895). En 1902 foi elixido presidente do Congreso de los Diputados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Corrixidor de Madrid, foi o instigador do Motín dos Gatos (1699), contra o conde de Oropesa. Na Guerra de Sucesión Española serviu no bando borbónico e Filipe V nomeouno presidente do Consello de Castela, cargo do que foi destituído en 1714.

    VER O DETALLE DO TERMO