"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación entre a vida e as obras dun determinado autor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á biobibliografía.
-
-
Que é susceptible de sufrir biodegradación.
-
Composto que pode sufrir biodegradación, especialmente os deterxentes de estrutura lábil, como sucede cos alquilsulfonatos lineais, que se poden descompoñer por acción microbiana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación dun substrato complexo en substancias máis sinxelas feita por un organismo vivo. Xeralmente, vai ligada ao metabolismo respiratorio e vai acompañada de liberación de enerxía. Desde un punto de vista sanitario, e sobre todo polo que se refire á polución das augas, representa un procedemento natural de mineralización ou destrución da materia orgánica grazas á acción dos microorganismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de datación relativa baseado na presenza e estado evolutivo de distintos animais e plantas nun xacemento. Como cada grupo ten un momento de aparición e extinción concreto, combinando eses datos é posible obter cifras bastante aproximadas. Debe completarse coa correlación xeolóxica e os métodos radiométricos para obter idades absolutas.
-
-
Relativo ou pertencente á bioestratigrafía.
-
Superficie de separación entre estratos que indica algún cambio bioestratigráfico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir a biografía de alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Historia da vida dalgún personaxe, escollido xeralmente en función da súa actividade ou da súa sona pública. Xénero literario prestixioso, a súa técnica actual é o resultado dunha longa evolución. Son clásicas as biografias: Agricola, de Tácito; as Vidas paralelas, de Plutarco; ou as Vitae Caesarum (Vidas dos Césares, s II) de Suetonio. Na China, o xénero formalizouse con Shiji (Memorias históricas), de Sima Qian. Durante a época medieval escribíronse biografías máis ou menos arremedadas dos clásicos, como a Vita Caroli Magni (A vida de Carlomagno, 820?), de Eginard; outras referidas a persoas destacadas como os Claros varones de Castilla (s XV) de Hernando del Pulgar, e diversas crónicas dos reis da época. O Renacemento e, con el, o Humanismo, comportou os primeiros intentos de individualización e particularización, como é o caso do Trattadello in laude di Dante (Tratado laudatorio de Dante, 1358-1363), de Boccaccio, ou Vite...
-
-
Relativo ou pertencente á biografía.
-
Que contén biografías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que escribe a biografía de alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica norteamericana creada no 1895 coa denominación de American Mutoscope Company e transformada no 1903 en American Biograph Company. Produciu filmes de propaganda política. Disolveuse no ano 1915.
-
-
Nome dado ao aparello inventado por Dickson e por Lauste no 1895 nos EE UU, equivalente ao Cinematographe dos irmáns Lumière, e que posteriormente deu nome a unha produtora, a American Biograph.
-
Nome empregado nalgúns países para denominar o cinematógrafo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Xeografía que estudia a distribución espacial dos animais (Zooxeografía), incluso do ser humano (Antropoxeografía), e das plantas (Fitoxeografía), e intenta explicar as súas causas e a súa variación ao longo do tempo, mediante a axuda doutras disciplinas xeográficas, biolóxicas e xeolóxicas, como a Ecoloxía, a Coroloxía, a Biocenoloxía, a Xenética de poboacións, a Paleontoloxía, a Climatoloxía e a Paleoclimatoloxía. Deste xeito, considérase a área actual de distribución dunha especie ou taxon como resultado das áreas de distribución pretéritas, da existencia ou ausencia de barreiras, da facilidade de diseminación e das condicións do ambiente físico e biolóxico. Hai especies que teñen unha área de distribución pequena (especies estenocoras), e incluso limitada a un territorio determinado (especies endémicas). Non obstante , outras ocupan unha grande área (especies euricoras, en termos xerais, e cosmopolitas, se se estenden por todo o mundo). A Bioxeografía presta especial atención...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertence á Bioxeografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferraxe de dúas pezas que enlaza as follas de portas e fiestras cos seus marcos. A bisagra facilita o movemento xiratorio das portas, fiestras e outras cousas que se abren e pechan. A peza longa que se fixa en sentido horizontal cando é máis grande ca a outra chámase macho, e a pequena que se coloca verticalmente chámase femia, e nela encaixa o pasador do macho.
-
CAPITAIS
Capital da okr ǎ g de Blagoevgrad, Bulgaria, nos contrafortes occidentais do macizo de Rila (72.853 h [1996]). Situada no val de Struma, é un importante mercado gandeiro rexional e posúe explotacións cooperativas de tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Okr ǎ g de Bulgaria (6.464 km2; 356.512 h [estim 1990]. A capital é Blagoevgrad.
-
SEMANARIOS
Semanario ilustrado fundado por Gustavo Luca de Tena en 1891. A súa primeira tiraxe foi de 20.000 exemplares. Contou coas colaboracións de Campoamor, Salvador Rueda e Manuel Palacio, entre outros. Deixou de publicarse no ano 1936, ao igual que o xornal ABC, ata que en 1957 volveu publicarse de novo coa dirección do neto do fundador, Torcuato Luca de Tena. Repártese xunto co xornal ABC os domingos e inclué reportaxes e entrevistas de actualidade amais de artigos de opinión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Realizou o retablo da capela maior do convento de San Salvador de Ferreira (Pantón); nel substituíu os escudos dos condes de Amarante, señores do soar de Ferreira, polo dos reis de Castela e León.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da Botánica que estudia os brotes ou rebentos.