"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. De nome Stéphane Georges de Bouhélier- Lepelletier, cultivou o ensaio, a poesía e sobre todo o teatro, no que destaca Le carnaval des enfants (1910). Escribiu tamén unha serie dramática de carácter histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel Ángel Salgado Fernández.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. En Roma, xunto con A. da Sangallo o Novo, proxectou a catedral de Montefiascone e a capela Petrucci na igrexa de San Domenico, Orvieto (1518-1521), seguindo o estilo severo de Bramante. Despois de 1527 traballou en Verona, onde levantou o Palazzo Bevilacqua (1531?) e levou a cabo as defensas militares da cidade (Porta Nuova, 1533-1540; Porta Palio, 1542-1547). En Venecia fixo o Palazzo Grimani (1556-1561).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico sueco. Foi farmacéutico en Göteborg, e está considerado un dos iniciadores da química moderna. Descubriu o osíxeno, o cloro, o ácido tartárico e o cítrico, o sulfuro de hidróxeno, o molibdeno e o tungsteno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Desexou en-troncar o idealismo platonizante da fenomenoloxía husserliana coa tradición afectiva dos pensadores cristiáns. Ademais do mundo das esencias, admitiu o dos valores, que obriga ao home a realizalos nos seus actos facendo que o individuo pase a ser propiamente unha persoa (teoría dos valores). Das súas obras destacan Der Formalismus in der Ethik und die materiale Wertethik (O formalismo na ética e a ética material dos valores, 1913-1916), Wesen und Formen der Sympathie (Esencia e formas da simpatía, 1923), Versuche cu einer Soziologie des Wissens (Buscas dunha socioloxía do coñecemento, 1924) e Die Stellung des Menschen im Kosmos (O lugar do home no mundo, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz, irmá de Maximilian Schell. Coñecida como Maria Schell, da súa filmografía destacan Die letzte Brücke (1954, premio de interpretación en Cannes), Gervaise (1955, premio de interpretación en Venecia), Le notti bianche (1957), Le diable par la queue (1968) e 1919 (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico, irmán de Margarete Schell. Destacou polos seus papeis escuros e intelixentes, como Judgement at Nuremberg (1961, Oscar ao mellor actor), Topkapi (1964), Krakatoa, East of Java (1969), Sarajeviski atentat (1975) e Festival in Cannes (2001). Como guionista e realizador, sobresaen Erste Liebe (Concha de Prata no Festival Internacional de Cine Donostia 1970) e Der Richter und sein Henker (Concha de Prata no Festival Internacional de Cine Donostia 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comuna de Liechtenstein (3,54 km2; 975 h [estim 2001]).
-
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Elaborou unha filosofía da natureza, que expuxo en System destranszendentalen Idealismus (Sistema do idealismo transcendental, 1800). Despois de Philosophie und Religion (1804) unha violenta ruptura con Hegel sumiuno nunha depresión, e enmudeceu despois de Philosophische Schriften (Escritos filosóficos, 1809). Parte de Fichte, pero abandónao ao facer da natureza unha ocasión-obstáculo posta polo eu para ser, unha realidade absoluta e autónoma: a arte é a consciencia da identidade absoluta. Acabou sostendo a aparencia do mal, que convive e loita contra o principio do ben no si do absoluto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e xeógrafo alsaciano. Especializouse en citoloxía e elaborou unha teoría sobre os plastos, ademais de introducir o termo cloroplasto. Considérase un precursor da moderna ecoloxía. Publicou Pflanzengeographie (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán, irmán de Friedrich von Schlegel. Colaborou ata 1797 nas revistas editadas por Schiller, e posteriormente fundou Athenäum (1798), xunto co seu irmán. Especializado en literatura italiana, española e portuguesa, escribiu Spanisches Theater (1803), Blumensträuße italienischer, spanischer und portugiesischer Poesie (1804) e Observations sur la langue et la littérature provençales (1818). Autor de diversos sonetos e baladas e do drama Ion (1803), contribuíu a divulgar a estética romántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Especializado nas épocas paleocristiás, visigoda e bizantina, colaborou na colección Ars Hispaniae e publicou diversas monografías sobre temas hispánicos. Destacan Arte visigodo (1947) e Hispania Antiqua. Die Denkmäler der Frühchristlicher und westgotischen Zeit (1978) con T. Hauschild.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e economista. Elixido vicepresidente do partido socialdemócrata (1968), tras ocupar diversos ministerios (1969-1974), en 1974 substituíu a Willy Brandt como chanceler federal. Practicou unha política moderada criticada pola ala esquerda socialdemócrata. Como consecuencia da disolución da coalición gobernamental socialdemócrata-liberal, dimitiu en setembro de 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnólogo e lingüista. Sacerdote e profesor nas universidades de Viena (1921) e Friburgo (1939-1950), estudou a evolución da familia. Influído por F. Boas e por E. Westwemark, sostivo a teoría sobre a difusión cultural de F. Graebner. Fundador da revista Anthropos (1906), das súas obras destacan Die Sprachfamilien und Sprachenkreise der Erde (Familias e círculos lingüísticos da Terra, 1926) e Der Ursprung der Gottesidee (A orixe da idea de Deus, 1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
snorkel.
-
PERSOEIRO
Matemático alemán. Traballou na elaboración da álxebra da lóxica, que introducira G. Boole, e puxo de manifesto os aspectos de orde reticular que caracterizan a álxebra de Boole.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo alemán. Estudou na Universidade de Göttingen e trasladouse a España en 1826. Ocupou diferentes postos do estado, como o de inspector xeral de minas, con destino en Galicia e Asturias. Escribiu unha Descripción geo-gnóstica del Reino de Galicia, acompañada de un mapa petrográfico de este país (1835).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Representantes da filosofía da inmanencia, escribiu Erkenntnistheoretische Logik (Lóxica gnoseolóxica, 1878), Grundriss der Erkenntnistheorie und Logik (Esbozo da teoría do coñecemento e da lóxica, 1894) e Die immanente Philosophie (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo e coleccionista de arte alemán. Administrador da galegía de arte Gallery Schümann&Kicken e profesor de fotografía en Aachen, reuniu, xunto coa súa muller, unha das máis importantes e premiadas coleccións de arte contemporánea estadounidense e alemá das décadas de 1980 e 1990. A partir dela organizou mostras como Temporaray Translation(s) (1994) ou Köln bis Hamburg (1997-1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo italiano. Evolucionou desde o idealismo de Gentile ata un espiritualismo cristián. Fundou o Giornale di metafisica (1946) e fixo estudos sobre Platón, a historia da filosofía e a filosofía italiana e contemporánea, e publicou L’interiorità oggetiva (1951), Atto ed essere (1956) e Dall’attalismo allo spiritualismo critico (1931-1938) (1961).
VER O DETALLE DO TERMO