Sanmicheli, Michele

Sanmicheli, Michele

Arquitecto italiano. En Roma, xunto con A. da Sangallo o Novo, proxectou a catedral de Montefiascone e a capela Petrucci na igrexa de San Domenico, Orvieto (1518-1521), seguindo o estilo severo de Bramante. Despois de 1527 traballou en Verona, onde levantou o Palazzo Bevilacqua (1531?) e levou a cabo as defensas militares da cidade (Porta Nuova, 1533-1540; Porta Palio, 1542-1547). En Venecia fixo o Palazzo Grimani (1556-1561).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Verona

  • Deceso