"Ivo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 721.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se lle envía a alguén para comunicar algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para modificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo único ou predominante dunha planta nunha rexión ou terreos determinados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festival de Teatro organizado pola Agrupación Cultural Xiria en Cangas do Morrazo desde 1984. Contou na súa dirección coa colaboración de Henrique Harguindey, Xosé Manuel Pazos, Casilda García e María Xosé Mariño. Desde o primeiro momento, os organizadores prestaron especial atención a espectáculos do exterior que dificilmente se podían ver en Galicia, e así pasaron pola Mostra compañías e intérpretes como Teatro de la Danza, Cambaleo, Trapu Zaharra, Teloncillo, A Barraca, Ángel Paulovski, Colombaioni ou Geroa, ademais de colectivos galegos. Tamén se organizaron debates, cursos e outras actividades como exposicións, conferencias e presentacións de revistas e libros, xunto coa organización en 1997, 1998 e 1999, das tres edicións dos Encontros de Reflexión do Teatro de Galicia e o Norte de Portugal (Teatragal).
-
-
-
Aquilo que fai que algo ocorra ou que alguén actúe dunha determinada maneira.
-
Condicionante que determina a conduta ou que inclina a mover a vontade nun sentido ou noutro. Xa que pode ser identificado coa causa (causa motiva), o motivo refírese primordialmente ao ámbito psicolóxico. Adoitan dividirse, en psicoloxía, en motivos fisiolóxicos ou primarios, e en motivos sociopersoais ou secundarios. A miúdo distínguese dos impulsos, que son, respecto ao motivo, o seu substrato enerxético, e dos incentivos, que representan o aspecto social da motivación. De todos modos, as máis diversas clasificacións que se poden ofrecer dos motivos non reflicten nin abordan o problema da complexidade do seu proceso.
-
-
Razón para obrar, pensar ou sentir algo.
-
-
Conxunto de elementos que proporcionan o carácter dunha obra de arte.
-
Tema básico que se utiliza para adornar ou decorar.
-
-
Frase ou fragmento musical que serve de núcleo inicial do desenvolvemento musical.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación creada en Santiago de Compostela en 1975 co nome de Asociación para a Correspondencia e a Imprensa Escolar, en conexión coa asociación española do mesmo nome, e que despois pasou a denominarse Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega. Esta asociación naceu como consecuencia do movemento galeguista que xurdiu no ensino na década de 1970 e avogaba pola renovación pedagóxica, baseada na pedagoxía desenvolvida por Célestin Freinet, desde perspectivas galeguizadoras do ensino. Propugnaba unha escola popular e cooperativa, preferentemente ao servizo dos fillos das clases populares, en que o saber se construía coa participación de todos e cada un dos implicados na educación do neno, tanto no seu ambiente habitual coma no interior da escola. O Movemento editou, entre 1978 e 1981, a revista pedagóxica As Roladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de mucosidades e de sucos de plantas.
-
-
Que multiplica ou aumenta.
-
Aplícase á palabra que indica multiplicación dunha cantidade, dimensión ou tamaño, que se toma como unidade.
-
múltiplo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de multivoltino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo que ten varias xeracións ao longo do ano.
-
DIARIOS
Diario en castelán, decano da prensa deportiva en España e o segundo máis antigo de Europa. Fundado en Barcelona en 1906 como semanario, converteuse en diario a partir de 1929. Dirixido nun primeiro momento por Narcís Masferrer e despois por Josep Torrents, ao rematar a Guerra Civil Española foi dirixido durante vinte e sete anos por Josep L. Lasplazas. Posteriormente figuraron como directores Ricard Grau i Escoda, J. J. Castillo e Santi Nolla. O seu contido é polideportivo, se ben presta unha maior atención ao fútbol e á actualidade do FC Barcelona. Co tempo integrouse no Grupo God363 Comunicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de moscas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo fundado en 1999 pola Fundación Celta de Vigo para achegar ao público deportista o mundo da arte e da cultura. Xurdiu do éxito da exposición “In corpore Sano…75 anos de Arte e Deporte en Galicia”, comisariada por Román Pereiro, que reuniu os artistas galegos máis sobranceiros do s XX, como Arturo Souto, Maruja e Cristina Mallo, Antón Patiño, Menchu Lamas, Leiro, Andrés Pinal e Alberto Barreiro, que nalgunha das súas obras tocaron a temática deportiva. Realiza exposicións temporais.
-
-
Relativo ou pertencente á narración.
-
Que contén narración.
-
Aplícase á produción literaria en que o autor se propón expoñer ordenadamente feitos históricos, reais, imaxinarios ou fantásticos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao país ou lugar onde se naceu.
-
Que ou quen nace ou se cría nun determinado lugar.
-
Que é conferido co nacemento, non adquirido.
-
-
Aplícase ao estado en que se presentan certos elementos na natureza, cando non están combinados.
-
Aplícase aos elementos que se presentan nese estado.
-
-
Persoa que naceu baixo un determinado signo zodiacal.
-
Individuo que, desde o punto de vista occidental, resulta exótico pola súa raza ou cultura.
-
Individuo descendente, nun país colonizado, da poboación orixinal por oposición aos descendentes da poboación colonizadora.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que se alimenta do néctar que chupa dos pétalos dalgunhas flores.
-
-
-
Que expresa ou contén unha negación.
-
Aplícase ao termo, partícula ou negación que serve para negar.
-
-
Que implica a negación ou a ausencia dunha cousa.
-
Que ten unha actitude pesimista e desfavorable sobre todo o que o rodea.
-
Que resulta prexudicial ou nocivo.
-
-
Aplícase á primeira imaxe que se obtén ao facer unha fotografía, en que os tons escuros e claros son opostos aos da realidade fotografada. OBS: Tamén se denomina clixé.
-
Aplícase á imaxe que reproduce a que se desexa obter de modo inverso.
-
-
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao neofigurativismo.
-
Seguidor do neofigurativismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución acuosa alcalina de tetraiodomercuriato (II) de potasio, K2(HgI4), empregada para o recoñecemento e a determinación por colorimetría do ión amonio e do amoníaco, co que dá unha coloración amarela ou un precipitado escuro, segundo a concentración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sistema nervioso vexetativo.