nativo -va

nativo -va

(< lat natīvu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao país ou lugar onde se naceu.

  2. adx e s

    Que ou quen nace ou se cría nun determinado lugar.

    Ex: É nativo da Estrada. Os nativos pertencen a unha raza de orixe asiática.

    Sinónimos: natural.
  3. adx

    Que é conferido co nacemento, non adquirido.

    Ex: Ten unhas magníficas calidades nativas para o canto.

    Sinónimos: natural.
  4. adx [XEOL]
    1. Aplícase ao estado en que se presentan certos elementos na natureza, cando non están combinados.

    2. Aplícase aos elementos que se presentan nese estado.

  5. s [ASTRON]

    Persoa que naceu baixo un determinado signo zodiacal.

    Ex: Os nativos de Aries teñen fama de teimudos.

  6. s

    Individuo que, desde o punto de vista occidental, resulta exótico pola súa raza ou cultura.

  7. s

    Individuo descendente, nun país colonizado, da poboación orixinal por oposición aos descendentes da poboación colonizadora.

    Sinónimos: indíxena.

Palabras veciñas

Natividade | nativismo | nativista | nativo -va | NATO | nato -ta | Natoire, Charles