natural
(< lat naturāle)
-
adx
Relativo ou pertencente á natureza.
-
adx
Que é ou está acorde coas leis da natureza.
Ex: Hai moitos fenómenos naturais aínda non explicados pola ciencia.
-
adx
Que é producido pola natureza sen a intervención ou manipulación do home.
Ex: A ría ofrecía un magnífico porto natural.
Antónimos: artificial. -
adx
Que é propio da natureza do que se fala, non adquirido nin aprendido.
Ex: Ten un don natural para a música.
-
adx
Que é esperable.
Ex: Era natural que se acabasen namorando.
-
adx
Que se comporta sen afectación nin sen artificio, tal e como é.
Ex: Compórtate de xeito natural.
-
adx e s
Que ou quen naceu nun lugar determinado. OBS: Emprégase coa prep de.
Ex: É natural de Morón de la Frontera. Os naturais desa rexión teñen sona de alegres.
-
adx
[MÚS]
Nome que se lle dá ao son que non está alterado por ningún accidente (bemol, díese).
-
adx
[MAT]
-
Aplícase ao número enteiro e positivo.
-
Aplícase ao logaritmo de base e.
-
Aplícase á ecuación intrínseca dunha curva.
-
Aplícase á propiedade que pode ser demostrada sen recorrer a artificios ou a invencións enxeñosas.
-
-
s
m
Forma de ser e de comportarse dunha persoa.
Ex: Somos de natural tranquilo, pero tamén nos enfadamos.
Sinónimos: carácter, natureza, talante. -
s
m
Instinto dos animais irracionais.
Ex: O natural dos ratos é roer.
-
do natural
[ARTE]
Aplícase á execución dunha obra de arte en que se toman modelos da realidade e non doutra representación.
-
morte natural
Morte que se produce por enfermidade, non por violencia ou accidente.
-
teoloxía natural
[FILOS]
teodicea.