natural

natural

(< lat naturāle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á natureza.

  2. adx

    Que é ou está acorde coas leis da natureza.

    Ex: Hai moitos fenómenos naturais aínda non explicados pola ciencia.

  3. adx

    Que é producido pola natureza sen a intervención ou manipulación do home.

    Ex: A ría ofrecía un magnífico porto natural.

    Antónimos: artificial.
  4. adx

    Que é propio da natureza do que se fala, non adquirido nin aprendido.

    Ex: Ten un don natural para a música.

  5. adx

    Que é esperable.

    Ex: Era natural que se acabasen namorando.

  6. adx

    Que se comporta sen afectación nin sen artificio, tal e como é.

    Ex: Compórtate de xeito natural.

  7. adx e s

    Que ou quen naceu nun lugar determinado. OBS: Emprégase coa prep de.

    Ex: É natural de Morón de la Frontera. Os naturais desa rexión teñen sona de alegres.

  8. adx [MÚS]

    Nome que se lle dá ao son que non está alterado por ningún accidente (bemol, díese).

  9. adx [MAT]
    1. Aplícase ao número enteiro e positivo.

    2. Aplícase ao logaritmo de base e.

    3. Aplícase á ecuación intrínseca dunha curva.

    4. Aplícase á propiedade que pode ser demostrada sen recorrer a artificios ou a invencións enxeñosas.

  10. s m

    Forma de ser e de comportarse dunha persoa.

    Ex: Somos de natural tranquilo, pero tamén nos enfadamos.

    Sinónimos: carácter, natureza, talante.
  11. s m

    Instinto dos animais irracionais.

    Ex: O natural dos ratos é roer.

  12. do natural [ARTE]

    Aplícase á execución dunha obra de arte en que se toman modelos da realidade e non doutra representación.

  13. morte natural

    Morte que se produce por enfermidade, non por violencia ou accidente.

  14. teoloxía natural [FILOS]

    teodicea.