carácter
(< latcharactēr < gr χαρακτήρ ‘sinal, distintivo’)
-
s
m
Sinal ou marca que se imprime, pinta ou esculpe nalgunha cousa.
-
-
s
m
Signo de calquera sistema de escritura, feito a man ou con letra de imprenta.
Ex: O lingüista inventou un sistema de escritura que combinaba os caracteres gregos e latinos.
-
s
m
Estilo ou forma particular da escritura ou dos tipos da imprenta. OBS: Emprégase normalmente en plural.
Ex: Os títulos dos libros deben escribirse en caracteres cursivos.
-
carácter tipográfico
[GRÁF]
Tipo de letra de imprenta.
-
s
m
-
s
m
-
Trazo distintivo, calidade propia que distingue a unha persoa ou unha cousa doutras.
-
Característica especial de algo que se expresa no adxectivo que o acompaña.
Ex: O documento ten carácter oficial.
-
Modo de ser das cousas debido ás súas características especificas.
Ex: O carácter específico das investigacións provocou a suspensión do xuízo.
-
-
s
m
[PSIC]
Conxunto dos trazos individuais adquiridos baixo a influencia de presións ambientais e educacionais, que se expresan por medio de formas peculiares de conduta. O carácter representa a personalidade aparente, manifesta, superficial e facilmente observable, en oposición ao temperamento, concepto que inclúe os factores profundos, instintivos e conxénitos do individuo, e a diferenza da personalidade, concepto que abrangue os aspectos biolóxicos e constitucionais xeralmente excluídos do carácter. Como fundamento e base de calquera acción responsable, ten un parentesco moi achegado á conciencia e ás propias convicións. Diante da opinión de que o carácter non é modificable, outras correntes defenden que a acción educadora pode modificar a incidencia que os factores característicos teñen sobre o comportamento das persoas. Pódese afirmar que o carácter se moldea como un todo a partir de certas disposicións xenéticas e das experiencias persoais polas que o individuo vai pasando ao longo do seu desenvolvemento evolutivo. En calquera feito ou suceso o carácter ten un importante protagonismo, ao poñer en funcionamento unha lóxica, propia en cada caso, que permite acadar un grao óptimo de circunspección e, ao mesmo tempo, unha decisión comprometida. A estabilidade da conduta adquirida é maior que o resultado institucionalmente regulamentado da socialización nunhas normas ou modelos impostos, das expectativas do rol desenvolvido e das sancións. A formación do carácter deixa aberto o camiño á capacidade de xuízo e á actuación intelixente, mentres que a educación exerce unha función reguladora que co paso do tempo se absorbe por unha vontade formada. Ter carácter significa ser crítico á vez que colaborador. Consiste máis en cumprir rigorosamente coas normas que dan resposta a presuntas necesidades sociais. As primeiras experiencias infantís grávanse no carácter. Se o neno ten falla de atención afectiva e persoal remata por perder a confianza e con ela a seguridade necesaria para descubrir o mundo. Pódese afirmar entón que o termo fai referencia a algo distintivo e peculiar que ten unha persoa que o distingue das demais, á marxe das características físicas. Un déficit na socialización remata por producir un falso desenvolvemento do carácter. O neno exercita as súas forzas e descobre os valores e as regras da vida en común por medio da imitación, a identificación ou o costume. A forza do carácter remata por se converter, así, nun exercicio reflexivo da vontade; desta maneira pode experimentar e descubrir cáles son as fronteiras existentes entre a propia vontade e a allea. Unha acción reponsable presupón a aprendizaxe da renuncia aos instintos sen necesidade de discriminalos. As instrucións, os diálogos, os xogos, os traballos, etc, poden axudar a fomentar non só a actividade senón tamén a determinación propia. Ademais da fantasía ou do nivel imaxinativo, os exemplos xunto coas experiencias persoais son moi eficaces no proceso de asentamento e formación do carácter porque as situacións novas axudan a robustecer o esforzo, o altruísmo, a rectitude intelectual e a responsabilidade, e son máis eficaces, cá experimentación cognitiva ou ca os simples consellos. Klages diferenza no carácter a materia, isto é, a dotación de aptitudes; a natureza, ou o que é o mesmo, os móbiles e mais os intereses; e a estrutura, modalidades dinámicas de expresión. Estas diferentes dimensións do carácter están recollidas polas esquematizacións caracterográficas de diversos autores. A tipoloxía clásica de Hipócrates e de Gale, xunto coa Escola de Salerno, fan referencia a aspectos temperamentais, igual ca o esquema de Kretschmer. Os tipos psicolóxicos de Jung baséanse nos conceptos de extraversión e introversión, que indican a preponderancia ou a dependencia da proxección do suxeito sobre o obxecto -do home cara ao mundo-. O esquema caracterolóxico de ampla difusión é o de Heymans-Wiersma-Le Senne, que consta de oito tipos caracterolóxicos diferentes, segundo a combinatoria de seis variantes derivadas de tres propiedades constitutivas ou fundamentais do carácter. Estas tres propiedades son a emotividade (variantes E e nE, emotivo e non emotivo), a actividade (variantes A e nA, activo e non activo) e a resonancia das representacións (variantes P e S, primario e secundario). Os oito tipos coñécense como: colérico (EAP), apaixonado (EAS), nervioso (EnAP), sentimental (EnAS), sanguíneo (nEAP), flegmático (nEAS), amorfo (nEnAP) e apático (nEnAS). Spranger, baseándose no concepto de natureza do carácter de Klages, considera seis formas de vida, atendendo ao valor básico dos intereses individuais, tres delas son inmanentes (a económica, a política e a social) e as outras tres son transcendentes (a estética, a teórica e a relixiosa). Os valores dominantes destas seis formas de vida son, respectivamente: a seguridade persoal, o afán de poder, o amor á humanidade, a beleza, a verdade e Deus. Os tipos libidinais de Freud-Abraham baséanse na fixación do individuo en cada un dos diferentes niveis de desenvolvemento sexual segundo a teoría psicanalítica: tipo oral (dependente, pasivo), anal (parsimonioso, irritable, pedante), uretral (ambicioso, competitivo), fálico (agresivo) e xenital (normal, maduro). Cómpre mencionar finalmente o esquema caracterográfico de Fromm, baseado en dimensións sociolóxicas e de relación humana, que abrangue os tipos receptivo, explorador, acumulativo, comercial e produtivo.
-
s
m
Conxunto de calidades dominantes na fisonomía moral dunha persoa.
Ex: O xurado tivo en conta o carácter nobre do presunto delincuente á hora de xulgalo.
-
s
m
Calidade da persoa que na súa traxectoria vital ou na súa conduta se mantén firme nuns principios, que presenta decisión e moita enerxía.
Ex: Precisamos unha persoa con moito carácter para dirixir un grupo tan grande.
Sinónimos: personalidade. Confrontacións: temperamento. -
s
m
Individualidade, especialmente marcada pola excelencia, a forza ou a orixinalidade.
Ex: O romanticismo foi unha época con moito carácter.
-
[XEN]
-
s
m
Trazo distintivo dun organismo que o diferenza doutro.
-
carácter adquirido
Carácter morfolóxico ou fisiolóxico que aparece nun organismo ao longo da súa vida por interacción co contorno. Segundo as doutrinas lamarckianas, estas modificacións, consecuencia do uso e desuso dos órganos, transmítense aos descendentes, o que constitúe a base da teoría da herdanza de caracteres adquiridos.
-
carácter cualitativo
Carácter que fai referencia a calidades que non se poden medir como a cor, a forma, o olor, etc.
-
carácter cuantitativo
Carácter que fai referencia ás calidades medibles como a estatura, o peso, a lonxitude, o ancho do cranio, etc.
-
carácter hereditario
Carácter que se transmite pola herdanza.
-
carácter mendeliano
Carácter hereditario que se transmite seguindo as leis de Mendel.
-
carácter polímero
Carácter determinado pola acción acumulativa duns cantos xenes.
-
s
m
-
s
m
[LIT]
Conxunto de trazos psicolóxicos e morais dun determinado personaxe nunha obra que define as súas características (temperamento, calidades, etc). Aristóteles defíneo na súa Poética (s IV a C) como “aquilo segundo o que dicimos que os que actúan son dun xeito determinado”. Os signos distintivos son voluntariamente acumulados polo autor, e mesmo lixeiramente estilizados para suxerir un modelo dado. Fronte ao tipo, que é o esbozo dun personaxe pouco elaborado e facilmente recoñecible, o carácter é máis profundo e sutil, e pode integrar elementos individualizadores no conxunto xeneralizador. Por exemplo, os caracteres de Molière (o Avaro, o Misántropo, etc) manteñen características individuais que sobrepasan a simple descrición.
-
[INFORM]
-
s
m
Cada un dos signos dun repertorio aceptado por convención e facilmente recoñecibles. Conteñen información, tanto se van en grupo, polo xeral en secuencia, como illados. Un carácter pode ir representado por medio dun xogo ordenado de impulsos ou de cifras binarias (bits) e tamén, aínda que non sempre, de forma gráfica.
-
carácter alfanumérico
Todas aquelas letras e díxitos, agás os símbolos de puntuación, os símbolos matemáticos e os códigos de control.
-
carácter comodín
Símbolos que nun sistema informático coinciden con outro calquera.
-
carácter de comprobación
Carácter que se engade a unha cadea e que permite comprobar a ausencia de certo tipo de erros na mesma.
-
carácter de control
Carácter que se usa para influír no rexistro, no proceso, na transmisión ou na interpretación dos datos. Os caracteres de control, que se utilizan en teleinformática, non están representados graficamente e só son efectivos no contexto no que está previsto que actúen.
-
carácter de escape
Carácter de control que se utiliza para ampliar un conxunto de caracteres limitado, sinalando qué interpretación, entre dúas ou máis alternativas, ofrece aos caracteres seguintes.
-
carácter especial
Caracteres que non se poden escribir directamente cunha única tecla, senón que requiren a introdución dun código especial por medio dunha combinación de teclas ou da súa selección a través dun mapa de caracteres.
-
carácter gráfico
Carácter que se pode representar graficamente.
-
carácter magnético
Carácter impreso cunha tinta especial denominada tinta magnética, que se pode ler facilmente coa axuda dun dispositivo de lectura magnética.
-
carácter nacional
Carácter que ten unha aparencia variable dun país a outro, como no caso do ñ.
-
carácter óptico
Carácter concibido especialmente para ser lido sen ningún problema por un dispositivo de lectura óptica.
-
xogo de caracteres
Conxunto finito e ordenado de caracteres, establecido como repertorio máximo posible para unha certa máquina ou utilización. Tamén se chama alfabeto.
-
s
m
-
carácter sacramental
[RELIX]
Efecto que producen os sacramentos do bautismo, a confirmación e a orde, definido polo Concilio de Trento como un sinal espiritual e indeleble que queda imprimido na alma.
-
carácter sexual
[FISIOL]
Cada unha das características anatómicas ou funcionais que, conxuntamente, definen o sexo. Hai que facer distinción entre caracteres sexuais primarios, constituídos polos órganos reprodutores (gónadas, tracto xenital e órgano copulador) e os caracteres sexuais secundarios (estatura, glándulas mamarias, dimensións pelvianas, psiquismo, etc, en mamíferos e máis especialmente no ser humano; e o tamaño, a cor, etc, noutros animais), que aparecen na madurez sexual e están sometidos á influencia hormonal e xenética.
Refráns
- A espiña, cando nace, xa leva o pincho diante.
- Cada cal ao seu natural.
- Cada cal ten o seu natural.
- Cada un é como Deus o fixo.
- Dime con quen andas e saberei quen es.
- Dime o que comes e direiche o que es.
- Esta nosa filla non dá tino a ninguén: nin é mel nin fel nin vinagre.
- Non preguntes quen é a ninguén, que el cho dirá. ben.
- O berce o dá e a tumba o leva.
- Ó cardo que ha de picar, logo lle nacen as espiñas.
- O que é arteiro non pode ser bo cabaleiro.
- Por ben que se desminta cada cal, sempre volve ao seu natural, ora para ben, ora para mal.
- Quen malas mañas ha, tarde ou nunca as perderá.