característico -ca

característico -ca

(

  1. adx

    Aplícase ao que serve para caracterizar.

    Ex: As propiedades características do medicamento anularon a grave enfermidade que padecía.

    Sinónimos: particular, peculiar, particular. Antónimos: común, corrente, corrente.
  2. s f

    Propiedade ou trazo polo que se diferenza e distingue unha persoa, animal ou cousa das demais.

    Ex: As características da radio pódense consultar no folleto informativo que está dentro da caixa. Ten como característica máis salientable a constancia no traballo.

    Sinónimos: calidade.
  3. s

    Actor de teatro especializado na interpretación de personaxes de idade avanzada ou que precisan dalgún tipo de transformación (en contraposición a papeis de galán, galán adolescente, dama, dama adolescente, etc).

  4. s f [MAT]

    Cifra ou cifras que indican a parte enteira dun logaritmo.

  5. curva característica [TECNOL]
    1. Curva que representa a relación entre dúas ou máis magnitudes referidas ao funcionamento dun elemento, compoñente, transdutor, dispositivo electrónico, etc. Teñen unha grande importancia as dos tubos e mais as dos transistores, que se utilizan para determinar o funcionamento correcto. Hai que diferenciar entre a característica estática (funcionamento sen carga e con réxime continuo) e a característica dinámica (con carga e réxime alterno). As características máis comúns son as de entrada, as de saída e as de transferencia.

    2. Curva determinada experimentalmente que representa as variacións dunha das variables da máquina, aparello, motor, etc, en función doutra.

Palabras veciñas

caracolear | Caracoleiro | carácter | característico -ca | caracterizable | caracterización | caracterizado -da