"Pol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1042.

  • Forma sufixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cidade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Roda provista dun ollo no seu centro xeométrico que lle permite virar arredor dun eixe. Ten a superficie natural acanalada para que pase un cable ou unha corda que serve para cambiar a dirección ou o sentido dunha forza, que eventualmente se multiplica no efecto cando forma parte dun sistema, como por exemplo nun polispasto. A polea fixa, queda inmóbil respecto do movemento de translación do conxunto; a polea móbil adquire un movemento de translación simultáneo ao de rotación.

      2. Roda de superficie lateral en forma de canle, soldada a unha barra, cuxo eixe é o xeométrico da barra, que permite transmitir un movemento a outra barra ou de recibilo mediante correas, eventualmente variando a velocidade como nalgúns axustes móbiles flexibles.

      3. polea móbil

        Polea que dispón de dúas rodas, unha fixa e outra móbil.

    1. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘sopa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de poleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Barrio de Cascallá (Rubiá). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar onde se crían ou se acollen as aves de curral.

    2. Lugar elevado ou pau onde se recollen as galiñas para durmir.

    3. Calquera sitio elevado a onde se sobe un animal ou unha persoa.

    4. Lugar máis alto e afastado dun teatro ou cine, con respecto ao escenario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos nove arcontes que gobernaron Atenas na Antigüidade. Este cargo foi instituído cando, coa caída da monarquía, as atribucións militares do rei pasaron a un maxistrado. A partir do s IV a C só tivo atribucións administrativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cargo, dignidade ou función desempeñadas por un polemarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Debate ou discusión intensa sobre calquera tema, principalmente por escrito.

    2. Controversia escrita que manifesta entre defensores a disparidade entre doutrinas teolóxicas opostas ou, sobre todo, entre membros de confesións ou relixións diversas. A polémica anticristiá do Islam, por exemplo, fundamentouse sobre todo en acusar aos cristiáns de deformar a Revelación, pois o contido definitivo desta estaría reflectido no Alcorán. A polémica antimusulmá fundamentouse no corpus de obras islámicas recollido en Cluny e na tradución do Alcorán de Robert de Ketton.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á polémica.

    2. Que provoca controversia ou discusión.

    3. Zona que circunda unha posición militar que é necesaria para a súa defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escritor que amosa habilidade para crear polémica coas súas obras.

    2. Persoa que tende a suscitar polémica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que aborda o estudo interdisciplinario da guerra como fenómeno social. En 1945 o Institut Français de Polémologie foi fundado por Gaston Bouthoul, creador do termo e autor de numerosos e importantes ensaios. O seu antecedente máis importante foi a obra A Study of War, de Q. Wright (1933). Baséase na idea de que a guerra é evitable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás polemoniáceas.

    2. Planta da familia das polemoniáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, ou raramente leñosas, da orde das solanais, caracterizadas por ter follas alternas e xeralmente simples, flores actinomorfas ou lixeiramente cigomorfas, hermafroditas, pentámeras, de corola infundibuliforme, campanulada ou tubular, reunidas en inflorescencias cimosas, e con froitos en cápsula. A maioría son propias de América do Norte. Algunhas, como o polemonio, teñen importancia en xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome común con que se coñecen as plantas do xénero Polemonium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes ou anuais, da familia das polemoniáceas, de follas pinnatisectas e flores azuis, violáceas ou brancas agrupadas en corimbos. Plántanse en terrapléns ou testos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número de mililitros, na análise de graxas comestibles, de álcali 0,1 normal necesarios para neutralizar os ácidos graxos volátiles, insolubles en auga e de baixo peso molecular (como o láurico e o mirístico), de 5 g de graxa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fariña de millo cocida en auga con sal, á que se lle pode engadir manteiga e queixo. É un prato típico italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Europa Oriental situada entre o S de Bielorrusia e o N de Ucraína, na conca dos ríos Pryp’yat’, Dniéper e Desna (270.000 km2). É unha chaira pantanosa, con moitos lagos e ríos de corrente tranquila, e cunha altitude media entre 100 e 250 m. Ten xacementos de petróleo, lignito, turba e sales potásicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome italiano que recibe a chaira do Po, desde Ferrara ata o mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Castro de Laza (Laza). O seu cumio acada os 603 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO