Polesia

Polesia

Rexión de Europa Oriental situada entre o S de Bielorrusia e o N de Ucraína, na conca dos ríos Pryp’yat’, Dniéper e Desna (270.000 km2). É unha chaira pantanosa, con moitos lagos e ríos de corrente tranquila, e cunha altitude media entre 100 e 250 m. Ten xacementos de petróleo, lignito, turba e sales potásicos.