"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

  • MONTES

    Monte situado no N da parroquia de Feás (Boborás). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cernado (Manzaneda). O seu cumio acada os 1.428 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequeno sistema montañoso que se estende en dirección SO-NL polo límite dos concellos de Rodeiro, Taboada e Chantada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa situada entre os concellos de Camariñas, Vimianzo e Laxe. O seu cumio, o alto de Rascabolos, acada os 300 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia dos Remedios (Mondoñedo). O seu cumio acada os 738 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da pentarquía púnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera das 150 especies de peixes óseos que presentan, separadas ou moi xuntas, dúas aletas dorsais. A aleta dianteira é espiñenta e a traseira de raios brancos; a aleta anal ten unha ou dúas espiñas.

    2. Peixe teleósteo que pode medir ata 60 cm de longo. Ten un corpo alongado, cabeza forte, mandíbula superior que chega ata o nivel posterior do ollo e a mandíbula inferior sobresae un pouco en relación á posterior. Presenta aleta dorsal dividida en dúas partes, a anterior espiñenta e máis baixa ca a posterior, que é branda. A cor é cincenta verdosa no dorso, os flancos e ventre son prateados e tamén nos flancos aparecen unhas manchas castañas, máis intensas nas crías. Aliméntase nas primeiras fases de vida de plancto, despois de insectos acuáticos e cando son adultos de peixes e doutros vertebrados. Especie orixinaria do L e S de EE UU e do N de México, foi introducida na Península Ibérica en 1955 para a práctica da pesca deportiva. En Galicia é abundante no Sil e en lagoas e pozas das Gándaras de Budiño.

    3. Peixe teleósteo de reducido tamaño, de corpo alongado e cunha aleta dorsal. Vive en cardumes en augas tranquilas, transparentes e de fondos areosos. É unha especie invasora orixinaria de América do Norte e Central que foi introducida na Península Ibérica.

    4. peixe sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes perciformes, da familia dos pércidos, que poden acadar os 60 cm de lonxitude e que teñen dúas aletas dorsais moi xuntas, ou unha dividida, a primeira con raios duros e a segunda con raios moles. Destaca a especie Perca fluviatilis, de cor dourada con bandas laterais escuras. Habita en augas doces, é moi voraz e aliméntase de peixes pequenos. Está espallada por gran parte de Europa e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de algodón, con ligamento de tafetá, de mellor calidade ca a cretona, que se emprega na confección de vestidos, uniformes, fundas para mobles ou roupa interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Percal lixeiro, dunha soa cor e de superficie lustrosa que se emprega, sobre todo, como forro de pezas de vestir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos ponentes da Constitución de 1978, deputado nas Cortes por UCD (1977-1982) e ministro da Presidencia (1979-1980). Ademais, exerceu como membro do Tribunal de Arbitraxe da Cámara de Comercio Internacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter comarcal editada en Lalín a partir de 1998. Estaba dirixida por Manuel Núñez Fiúza e integrada no Grupo Líder. Cunha periodicidade mensual, incluíu noticias municipais, deportivas e culturais de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santa Comba na década de 1990. Estaba dirixida por Xosé Manuel Lema e integrada no Grupo Líder. Primeiro foi editada coa cabeceira O Tambre-Xallas, para pasar a denominarse El Periódico de Xallas, A Barcala e Santiago, pero a partir de 1998 adoptou a de El Confidencial de Xallas-A Barcala. Incluíu información de carácter municipal, cultural e de sociedade de Ames, Braña, Brión, Mazaricos, Santa Comba e Tordoia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Como humanista, a súa cultura foi vasta e refinada, máis literaria ca filosófica, onde condenaba a corrupción e a decadencia da Igrexa, nun intento por volver á simplicidade evanxélica. A lectura das Confesións de santo Agostiño sumiuno na primeira das numerosas crises relixiosas que tivo ao longo da súa vida. Formouse inicialmente en leis en Montpellier, Bolonia e Aviñón, ata que en 1326 decidiu dedicarse plenamente á literatura. Preocupouse de forma extraordinaria polo seu estilo, baseado na lectura dos clásicos e, como humanista, polo legado que ía deixar ás xeracións posteriores. Ligado nun principio á familia do cardeal Colonna, co tempo estivo baixo a protección do arcebispo de Milán G. Visconti e mesmo mantivo relación coa familia dos Carrara. Coroado como poeta no Capitolio de Roma en 1341, as súas obras poden clasificarse entre as escritas en latín, dirixidas á nobreza e ao papado; e as escritas en lingua “vulgar”, orientadas ao estamento burgués, que cronoloxicamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en San Martiño de Meanos (Zas). Consta dunha planta poligonal formada por cinco ortóstatos e corredor curto orientado ao L. Ambos os dous espazos presentan cuberta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo global de desenvolvemento local, que se puxo en marcha en 1991, destinado a fixar as liñas básicas de desenvolvemento económico e a determinar as áreas produtivas prioritarias das comarcas, considerando tanto a capacidade do potencial endóxeno como a competitividade nos mercados dos produtos obtidos. Está considerado un instrumento estrátexico que adopta como metodoloxía principal tanto a coordinación, referida á organización territorial dos servizos administrativos, como á coordinación das actuacións das diversas administracións implicadas no territorio, ademais da busca de fórmulas que favorezan a cooperación pública-privada. Establécese mediante a aplicación dun modelo voluntario e participativo de planificación integrada e desenvolvemento sostido. Os obxectivos son a fixación das liñas básicas de desenvolvemento económico, a creación de emprego nos sectores secundario e terciario e o desenvolvemento social da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mellor marca obtida por un deportista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos nove arcontes que gobernaron Atenas na Antigüidade. Este cargo foi instituído cando, coa caída da monarquía, as atribucións militares do rei pasaron a un maxistrado. A partir do s IV a C só tivo atribucións administrativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no centro da provincia do mesmo nome e no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ O. Limita ao N coa comarca do Salnés, a de Caldas e a de Tabeirós-Terra de Montes, ao O co Salnés, a ría de Pontevedra e O Morrazo, ao S coa comarca e ría de Vigo, e ao L coas comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Abrangue unha superficie de 623,9 km2, en que acolle unha poboación de 114.206 h (2001), distribuída entre os concellos de Barro (37,6 km2, 3.468 h), Campo Lameiro (63,8 km2, 2.235 h), Cotobade (134,7 km2, 4.687 h), A Lama (111,7 km2, 2.947 h), Poio (33,9 km2, 14.271 h), Ponte Caldelas (87 km2, 5.921 h), Pontevedra (118,3 km2, 74.942 h) e Vilaboa (36,9 km2, 5.735 h). Esténdese en sentido O-L desde o fondo das rías de Pontevedra e Vigo cara ao límite da provincia. Na xerarquía funcional dos núcleos de poboación, destaca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza cilíndrica ou prismática, cunha rosca interior, que se adapta a un parafuso.

    VER O DETALLE DO TERMO