"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lucio Cornelio Sula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publio Cornelio Sula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio de segunda categoría concedido polo xurado internacional do Festival Internacional de Cine de Berlín (Berlinale). Divídese en seis categorías: mellor director, mellor actor, mellor actriz, mellor banda sonora, mellor calidade artística e premio do xurado. Ademais, un xurado especial outorga un premio na categoría de curtametraxes internacionais.
-
PERSOEIRO
Químico e industrial belga. En 1861 ideou o proceso que leva o seu nome para a obtención de sosa, que substituíu ao método Leblanc, e en 1863 fundou, xunto co seu irmá, a Solvay et Compaigne. Coa fortuna que obtivo fomentou a investigación científica e a creación de diversos institutos na Universidade de Bruselas, e tamén organizou conferencias internacionais de científicos que axudaron a avanzar a mecánica cuántica e a física atómica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e sociólogo alemán. En Der Moderne Kapitalismus (O capitalismo moderno, 1902-1908), diferenciou a evolución da sociedade en diversas fases ou etapas, cuxo motor era o espírito e as actitudes psicolóxicas. Nos seus últimos traballos sostivo actitudes nazis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dicir ou facer as cousas con sorna.
-
-
Persoa que amosa maldade ou ironía.
-
Persoa que é preguiceira.
-
-
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Destacan as novelas Tortilla Flat (1935), In Dubius Battle (1936), The Grapes of Wrath (1939, Premio Pulitzer), The Pearl (1947) e East of Eden (1952). En 1962 recibiu o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor británico. Sacerdote anglicano, comezou a súa carreira narrativa coa sátira A Political Romance (1759). Destacan tamén The Life and Opinions of Tristan Shandy. Gentleman (1759-1767, nove volumes), A Sentimental Journey Through France and Italy (1768), Journal to Eliza. Letters From Yorick to Eliza (1773) e The Sermons of Mr. Yorick (1779).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Baixo un romanticismo militante, deu a coñecer The Triumph of Time (1862) e baixo as normas da traxedia grega Poems and Ballads (1871), Songs Before Sunrise (1871) e Tristram of Lyonesse (1882), a súa obra capital. Destacaron tamén as traxedias da triloxía Chastelard (1865), Bothwell (1874) e Mary Stuart (1881), así como as novelas Love’s Cross-Currents (1905) e Lesbia Brandon (1952), e os estudos literarios Essays and Studies (1875) e Miscellanies (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Fixo diversas viaxes pola Península Ibérica e publicou Travels through Spain in the years 1775 e 1776 (1779), que el mesmo ilustrou (reeditado en 1787). Tamén escribiu Travels in the Two Sicilies (1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
tabernario.
-
Persoa que ten ou atende unha taberna.
-
-
PERSOEIRO
Historiador latino. De orixe ecuestre, seguiu a carreira política despois dos estudos obrigados de oratoria e leis. Foi senador, rodeado xa dunha notable sona de orador en 78. Foi pretor (88), cónsul (97) e procónsul en Asia Menor (112-113). A súa obra mostra o paso da elocuencia á historia. Escribiu De oratibus (80?); Historias, unha crónica sen título, en 12 ou 14 libros, que abarca desde a morte de Nerón ata a de Domiciano (69-96) e da que se conservan os catro libros primeiros e unha parte do quinto; e Anais (115?), outra crónica, en 16 ou 18 libros, que abarca desde a morte de Augusto ata a de Nerón (14-68), da que se conservaron os primeiros libros e algúns fragmentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (8.653 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (16.523 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación Xeográfica Protexida segundo a Orde de 4 de abril de 2000 da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria que reciben todos os tenreiros nados en practicamente todo o territorio galego, fillos de vacas de raza Rubia Galega, Morenas do Noroeste ou dos seus cruzamentos, e que son criados, alimentados e sacrificados en Galicia, seguindo un estrito control integral de calidade e hixiene. O control abrangue desde o nacemento dos tenreiros, a súa crianza, alimentación e cuidados sanitarios, ata o seu sacrificio e presentación da carne nos puntos de venda, todo isto conforme ao establecido na lexislación vixente. A alimentación dos tenreiros baséase no leite materno, forraxes e concentrados procedentes de vexetais e exentos de calquera subproduto animal ou substancia prohibida, e sacrifícanse, por regra xeral, con menos de 10 meses de idade. Foi o resultado da fusión da Denominación Produto Galego de Calidade Ternera Gallega, creada en 1989 e a Denominación Específica...
-
PERSOEIRO
Fotógrafa. Estudou na School of the Art Institute de Chicago e foi profesora (1983-1988) e catedrática de Teatro e Belas Artes na University of Colorado. A súa obra, caracterizada pola riqueza de referentes culturais, está chea de imaxes evocadoras e referencias pitóricas desde o surrealimo á pintura romántica. Acadou sona internacional coas series fotográficas Explorations (1994), Egypt of the Mind (1998) e Orphans (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario e coleccionista de arte. Ampliou e completou unha colección de arte que iniciou o seu pai Heinrich Thyssen-Bornemisza de Kaszon (1875-1947), que comprende unha extensa representación da pintura europea do s XIV ao XX, obras dos primitivos americanos, esculturas, xoias e esbozos teatrais, entre outros. Unha boa parte dela foi cedida temporalmente ao goberno español en 1988 e constituíu o Museo Thyssen-Bornemisza en Madrid. En 1993 a colección foi adquirida polo goberno español e cedida á Fundación Thyssen-Bornemisza. Casou coa española Carmen Cervera, que tamén cedeu parte da súa colección ao museo madrileño.
VER O DETALLE DO TERMO