"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
PERSOEIRO
Compositor italiano. Estudou no conservatorio de Santa Cecilia de Roma, onde foi profesor desde 1939. Despois dun primeiro período neoclásico, abandonou a tonalidade cun Magnificat (1940) e Coro di morti (1941), e adoptou o método dodecatónico. É autor da música do filme Riso amaro (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor neerlandés. Dirixiu o conservatorio de Rotterdam (1930-1947) e, influído por Fauré, Debussy e Mahler, a súa obra musical evolucionou cara á atonalidade propia da escola de Viena. Compuxo, entre outras, as óperas Halewijn (1933) e Merlijn (1946), tres sinfonías, un Concerto para piano e orquestra e música de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar onde está a podrecer materia orgánica.
-
Espazo reservado nos cemiterios para colocar os cadáveres antes de soterralos.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Lodoselo (Sarreaus). O seu cumio acada os 630 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Colaborou, xunto co seu irmán Evangelista da Preda, e con Leonardo da Vinci na realización da Vergine delle rocce. Pintor da corte dos Sforza desde 1482, destacou como retratista. Das súas obras salientan Massimiliano I (1502), Bianca María Sforza e Ritratto di gentiluomo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
depredación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
depredador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
depredatorio.
-
-
Que ou quen precedeu a outra persoa nalgún cargo, oficio ou función.
-
Que ou quen viviu nunha época anterior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Base dun retablo, xeralmente dividida en pequenos compartimentos decorados ou pintados, onde se representan escenas narrativas relacionadas co tema do retablo.
-
-
Acción e efecto de predestinar.
-
Predeterminación por parte de Deus relativa aos que serán ou son salvados ou condenados. Xurdiu en explícita controversia co pelaxianismo e foi enunciada primeiro por santo Agostiño, de maneira que a liberdade e responsabilidade humanas aparecen cuestionadas. A disputa de auxilis que se desenvolveu nos ss XVI e XVII tivo como obxecto a compaxinación desta liberdade humana coa soberanía de Deus no outorgamento da graza da salvación.
-
-
-
de predestinar.
-
Que está previamente destinado a algo.
-
Aplícase á persoa destinada por Deus á salvación ou á condenación. Emprégase xeralmente, dunha maneira case exclusiva, no seu sentido positivo de elixido para a salvación.
-
-
-
Decidir previamente o futuro ou o destino de algo ou de alguén.
-
Predeterminar Deus a salvación ou a condenación de alguén.
-
-
-
Acción e efecto de predeterminar.
-
Presciencia e decisión previa, por parte de Deus, de concorrer na realización dos feitos que integran o proceso do mundo e da historia e, máis particularmente, dos actos libres do home mediante os que este decide a súa salvación ou condena. Interpretouse de diversas maneiras na escolástica, tanto a partir dunha presciencia ou dunha ciencia mediana, como a partir dunha premonición física ou dun concurso simultáneo. Con todo, non deixa resoltos os problemas da liberdade do home e da última responsabilidade deste na decisión do seu propio destino.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen predetermina.
-
-
Establecer ou determinar algo por adiantado.
-
Determinar Deus por adiantado no acto da predeterminación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina que establece a predeterminación.
-
-
Relativo ou pertencente ao predeterminismo.
-
Seguidor do predeterminismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un predio.
-
-
Sermón, especialmente a homilía da misa.
-
Palabras coas que se exhorta ou reprende a alguén.
-