predestinación
predestinación
(< latpraedestinatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de predestinar.
-
s
f
[RELIX]
Predeterminación por parte de Deus relativa aos que serán ou son salvados ou condenados. Xurdiu en explícita controversia co pelaxianismo e foi enunciada primeiro por santo Agostiño, de maneira que a liberdade e responsabilidade humanas aparecen cuestionadas. A disputa de auxilis que se desenvolveu nos ss XVI e XVII tivo como obxecto a compaxinación desta liberdade humana coa soberanía de Deus no outorgamento da graza da salvación.