"Van" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 703.
-
PERSOEIRO
Científico e escritor italiano. A súa obra mestura elementos científicos, relixiosos e máxicos. Escribiu Phytognomonica (1588), en que se manifestou seguidor de Paracelso no terreo da medicina. Tamén publicou obras sobre física, como Magia naturalis e De refractione (1593), e o compendio sobre os coñecementos da época Scientiarum omnium synopsis. No ámbito literario intentou imitar a comedia latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario instituído en 1974 co propósito de honrar a obra literaria completa dun escritor en lingua castelá e que constitúe o galardón máis importante da literatura castelá. A Real Academia Española, as academias doutros países hispanos e os premiados en edicións anteriores encárganse da presentación dos candidatos. Jorge Guillén (1976), Jorge L. Borges (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Miguel Delibes (1993), Camilo J. Cela (1995) e Rafael Sánchez Ferlosio (2004) foron algúns dos premiados.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Foi discípulo de R. Longhi e investigou preferentemente sobre a arte gótica italiana. Codirixiu unha historia da arte italiana que achegou novas fórmulas metodolóxicas para o estudo histórico das artes nacionais. Destacan as súas obras La fortuna dei primitivi dal Vasari ai Neoclassici (1964) e Giotto e la sua bottega (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Condición de quen é favorito ou privado dun rei, un príncipe ou un algo cargo.
-
-
Sentenza de Deus, recollida na Xénese, sobre a serpe no Paraíso, entendida polos Pais e os esexetas católicos como o primeiro anuncio da salvación: un descendente da muller, Xesús, vencerá as forzas demoníacas (serpe).
-
Evanxeo apócrifo atribuído ao apóstolo Santiago o Menor que trata sobre o nacemento da Virxe e a infancia de Xesús. Parece ser que foi escrito no s II.
-
-
PERSOEIRO
Preboste cosaco. Desertou do exército austríaco e organizou a revolta dos cosacos, aos que se uniron os campesiños do Volga e os obreiros dos Urais. Finxiu ser o Tsar Pedro III e apoderouse do baixo Volga, destruíndo Kazan’. Traizoado por algúns dos seus e apresado polo exército imperial, foi decapitado e despezado en Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo. Profesor en Breslau e en Praga, destacou polos seus estudos citolóxicos (descubrimento do núcleo dos ollos, aplicacións do microátomo, creación do termo protoplasma (1839), descrición das células e das fibras de Purkinje ou fibras musculares modificadas da cor) e polos seus traballos de fisioloxía, coa acción do páncreas na dixestión das proteínas e sobre todo polos estudos sobre a visión partindo das teorías de Goethe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Influído polos pintores de frescos italianos do s XV, dotou ás súas teas da aparencia de fresco. Caracterizouse polo sintetismo, a pincelada plana, as cores despexadas, a liña do horizonte alta, as figuras en primeiro termo e moi grandes e unha gran simplicidade na composición. Realizou Concordia (1861), Le bois sacré (1885 e1887), L’Été (1891-1892) e decorou o Panteón de París co Rencontre de sainte Geneviève et de saint Germain (1874) e cultivou tamén a pintura de personaxes populares, Le Pauvre Pêcheur (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento dos ferradores para rebaixar os pezuños do gando vacún e equino.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor na Harvard University, estudou a lóxica matemática e a filosofía da lóxica e da ciencia. Escribiu Mathematical Logic (1940), From a Logical Point of View (1953), Word and Object (1960), Pursuit of Truth (1990) e Three Networks: Similarity, Implication, and Membership (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor dálmata. Estilisticamente recibiu fortes influencias italianas. Realizou a portada principal da catedral de Trogir (1240).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Coñecida como Anna Seghers, das súas obras, enmarcadas no realismo socialista, destacan Das siebte Kreuz (A sétima cruz, 1942), Die Entscheidung (A decisión, 1959) e Das Vertrauen (A confianza, 1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especialista en triatlón, foi campión de España (2001, 2002 e 2004), campión de Europa (2002), campión do mundo (2002), subcampión do mundo (2003 e 2004) e diploma olímpico (2000). Recibiu a Medalla de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Profesor nas universidades de Pavia desde 1796 e de Milán desde 1800, publicou diversos traballos médicos e en 1799 expuxo a teoría dos contraestímulos, que concibía como unhas substancias que diminuían a excitabilidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Alumno de Mierevelt en Delft, estableceuse na Haia, onde retratou a aristocracia, a miúdo con atributos guerreiros. Nas súas obras destaca a súa gama cromática cálida sobre un fondo de negros e brancos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz teatral e cinematográfica. Iniciou a súa carreira cinematográfica con Morgan: a Suitable Case for Treatment (1965) de K. Reisz, quen a volveu dirixir en Isadora (1968). Recibiu un Oscar pola súa interpretación en Julia (1977) de F. Zinneman. Participou tamén en Camelot (1967), Yanks (1979), The Bostonians (1984), Howards End (1991), James and the Giant Peach (1995) e The Fever (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (5.860 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, sobre todo desde a expansión do regadío a partir da década de 1960. O secaño baséase no barbeito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de relevante.
-
-
Que é importante e significativo.
-
Que posúe un valor diferencial no sistema lingüístico.
-
-
-
Acción de desquitar ou desquitarse.
-
Oportunidade que se lle dá a alguén para resarcirse dunha ofensa ou dano recibido, especialmente en xogos ou deportes.
-