Premio Cervantes
Premio Cervantes
[LIT]
Premio literario instituído en 1974 co propósito de honrar a obra literaria completa dun escritor en lingua castelá e que constitúe o galardón máis importante da literatura castelá. A Real Academia Española, as academias doutros países hispanos e os premiados en edicións anteriores encárganse da presentación dos candidatos. Jorge Guillén (1976), Jorge L. Borges (1979), Rafael Alberti (1983), Gonzalo Torrente Ballester (1985), Miguel Delibes (1993), Camilo J. Cela (1995) e Rafael Sánchez Ferlosio (2004) foron algúns dos premiados.