Premio Caixanova de Poesía

Premio Caixanova de Poesía
[LIT]

Galardón literario outorgado pola entidade bancaria Caixanova e dirixido a autores de textos poéticos. Convocado por vez primeira en 2002, constitúe o premio poético de maior dotación económica de Galicia. Foron galardoados Xavier Seoane, con Dársenas do ocaso (2003), María do Cebreiro, con Non queres que o poema te coñeza (2004) e Román Raña con A metamorfose do túnel (2005), que se incluíron na colección Arte de Trobar, editada por Caixanova e o PEN Club de Galicia.