"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

    1. Relativo ou pertencente ao proteccionismo.

    2. Partidario do proteccionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de proxectar.

      1. Acción e resultado de representar unha rexión da superficie terrestre sobre un plano. En esencia, consiste en especificar un método para facer corresponder os puntos do globo terráqueo cos puntos do plano escollido, que é necesariamente o resultado do desenvolvemento dunha superficie desenvolvible. A correspondencia entre os puntos do globo e os puntos da superficie desenvolvible pode facerse de diversas maneiras, pero prodúcense inevitablemente algunhas das seguintes alteracións: deformación da escala (a escala non é a mesma en todos os puntos do mapa), deformación da área (áreas iguais no globo non determinan áreas iguais no mapa) e deformación da forma (a zona proxectada non ten a mesma forma ca a zona orixinaria). A elección dun tipo de proxección faise co obxectivo de minimizar algunha das deformacións para satisfacer os obxectivos concretos do mapa que se quere realizar. Así, cando o mapa teña que ser ilustrativo, convirá que conserve a forma, pero cando teña que amosar propiedades...

      2. proxección acimutal

        Proxección obtida a partir da cónica simple ao facer tender o cono nun plano, en que se sitúa unha rede de meridianos e paralelos equidistantes. É especialmente útil na navegación aérea.

      3. proxección conforme de Gauss

        Proxección transversal de Mercator en que os meridianos de tanxencia son o de Greenwich e o situado a 180°.

      4. proxección cónica múltiple/policónica

        Proxección en que se divide un hemisferio en bandas determinadas lonxitudinalmente de lado a lado duns paralelos en concreto, que se empregan como paralelos de referencia de ambas proxeccións cónicas simples. Utilízase para realizar mapas nacionais a grande escala ou follas topográficas.

      5. proxección cónica secante/de Albers

        Tipo de proxección cónica en que se proxecta un hemisferio sobre un cono secante no globo por dous paralelos, denominados paralelos de referencia. Se se escollen axeitadamente, conséguese que a proxección sexa equivalente.

      6. proxección cónica simple/equivalente de Lambert

        Tipo de proxección cónica en que se proxecta un hemisferio sobre un cono, tanxente ao globo terráqueo, por un paralelo que se denomina paralelo de referencia.

      7. proxección de Lambert/conforme de Lambert

        Proxección cónica conforme en que a superficie da Terra se proxecta sobre unha icona tanxente ao longo dun paralelo.

      8. proxección de Mercator

        Proxección cilíndrica conforme, que proxecta a superficie da Terra sobre un cilindro tanxente ao Ecuador. Emprégase para a realización de cartas náuticas.

      9. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do antigo Reino de Prusia, situada ao O do Vístula, con capital en Gdańsk. Durante os ss XII e XIII constituíu o ducado polaco de Pomerelia e en 1309 foi conquistada pola orde Teutónica. En 1466 reincorporouse a Polonia e recibiu o nome de Prusia Real. A primeira repartición de Polonia (1772) atribuíuna ao Reino de Prusia, e polo Tratado de Versailles (1919) incorporouse novamente ao estado polaco, excepto o enclave de Gdańsk, que se converteu en cidade libre e que non se uniu a Polonia ata 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de podrecer.

    2. Descomposición das substancias orgánicas mortas mediante a acción de enzimas microbianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadea de emisoras radiofónicas de carácter educativo fundada nas Islas Canarias o 15 de febreiro de 1965 polo xesuíta Francisco Villén. Baixo o acrónimo Emisora Cultural de Canarias y África Occidental Española e coa axuda dun grupo de cinco profesores, comezou a emitir aulas didácticas de grao elemental dirixidas á poboación agrícola. O éxito da fórmula permitiu estendela a boa parte de España, a través de acordos cos gobernos autonómicos (en Galicia implautouse en 1989), e a 14 países de Hispanoamérica. Recibiu catro Premios Ondas (1967, 1971, 1973 e 1979), a Antena de Oro (1968), o Bastón Blanco da Once (1999) e a Gran Cruz da Orde Islas Canarias (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que, por afección e non profesionalmente, se dedica á comunicación a distancia por medio das ondas electromagnéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Detección de radiacións. As radiacións corpusculares cargadas detéctanse polos seus efectos ionizantes, e as ondas electromagnéticas polos seus efectos sobre circuítos eléctricos oscilantes en resonancia coa frecuencia de onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica que consiste na posta en marcha dos diversos métodos e dispositivos que permiten protexer as persoas e o medio natural das radiacións nocivas para as células vivas. OBS: Tamén se denomina protección radiolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminución da presión do gas contido nun recipiente por extracción dunha parte deste gas.

    2. Diminución do peso e resistencia dun órgano a causa da atrofia por reabsorción con conservación do volume.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forza que nun sistema físico se opón á que é responsable dun cambio do estado de repouso e movemento do sistema.

      2. Conxunto de manifestacións que xorden ante unha situación determinada que procuran a miúdo o establecemento dunha realidade diferente.

      3. Actitude diante dunha situación político-social, relixiosa ou artístico-cultural progresiva, renovadora ou incluso revolucionaria.

      4. reacción de dexeneración

        Conxunto de modificacións electrofisiolóxicas determinadas por unha lesión das neuronas periféricas.

      5. reacción inmunolóxica/de adaptación

        síndrome de adaptación.

      1. Provocación de fenómenos biolóxicos no organismo como medio diagnóstico.

      2. Cambio que se produce no organismo debido a unha alteración no medio.

      3. reacción da benzidina

        Reacción química usada para investigar a presenza de sangue nun conduto biolóxico.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado que tivo lugar o 9 de termidor do ano II (27 de xullo de 1794) na Francia revolucionaria. Os moderados provocaron a caída de Maximilien de Robespierre, feito que significou a fin do Terror (1793-1794) e do dominio xacobino na Convención Nacional e puxo o proceso revolucionario en mans dos elementos moderados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Responder ou manifestar unha determinada reacción ante un estímulo.

    2. Experimentar un cambio por acción dun reactivo.

    3. Tomar parte nunha reacción química.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha reacción de tipo regresivo, tradicionalista ou conservador.

    2. Partidario ou seguidor dunha reacción deste tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina ou movemento propio dunha reacción de tipo regresivo, tradicionalista ou conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación sintáctica entre dous elementos lingüísticos na que un depende gramaticalmente do outro. O elemento principal é o rexente, e o dependente é o rexido. En latín, por exemplo, na oración Puer amat patrem, o verbo amat rexe o acusativo patrem; a preposición ex rexe o caso ablativo. A concordancia entre dúas palabras é unha maneira de rección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recoller ou recollerse.

    2. colleita.

    3. Compilación de algo, especialmente de escritos.

    4. Observancia máis estrita da regra, nalgunhas ordes relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de redactar.

    2. Texto escrito, baseado nun tema determinado, que se redacta como exercicio.

      1. Lugar onde traballa o redactor.

      2. Conxunto de redactores dunha publicación ou dun medio de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico publicado en Vigo a partir de novembro de 1996. Foi editado por Igesco, Fundación Penzol, e subtitulouse “Xornal independente universitario”. Estivo dirixido por Carlos Figueroa e coordinado por Xosé C. Morell, e incluíu novidades referidas ao campus de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reelixir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao crédito que procede de diñeiro deixado para aderezar ou fabricar unha cousa, como por exemplo unha nave ou unha casa, ou ben o valor dos traballos e materiais empregados na obra, cousa pola que ten un dereito de preferencia.

    VER O DETALLE DO TERMO