Radio ECCA

Radio ECCA

Cadea de emisoras radiofónicas de carácter educativo fundada nas Islas Canarias o 15 de febreiro de 1965 polo xesuíta Francisco Villén. Baixo o acrónimo Emisora Cultural de Canarias y África Occidental Española e coa axuda dun grupo de cinco profesores, comezou a emitir aulas didácticas de grao elemental dirixidas á poboación agrícola. O éxito da fórmula permitiu estendela a boa parte de España, a través de acordos cos gobernos autonómicos (en Galicia implautouse en 1989), e a 14 países de Hispanoamérica. Recibiu catro Premios Ondas (1967, 1971, 1973 e 1979), a Antena de Oro (1968), o Bastón Blanco da Once (1999) e a Gran Cruz da Orde Islas Canarias (2002).