2 radio

2 radio

(

  1. s m [QUÍM]

    Elemento químico de número atómico 88 e peso atómico 226,0254, pertencente ao grupo IIA da táboa periódica, o máis pesado dos metais alcalinotérreos. Foi descuberto en 1898 por P. Curie e M. Curie, que o identificaron como principal causante da radioactividade da uraninita, e foi illado en estado puro por M. Curie mediante a electrólise dunha solución de cloruro de radio (RaCI2) en 1911. O seu isótopo máis importante é o 226Ra, cunha vida media de 1.620 anos, e tamén se coñecen 13 isótopos máis, con masas que van desde 213 ata 230, con vidas medias moito máis curtas. A obtención do elemento a partir dos seus minerais ten lugar por coprecipitación co bario en forma de carbonatos, transformación destes nos bromuros BaBr2e RaBr2, enriquecemento por cristalización fraccionada e purificación por intercambio iónico seguida de redución electrolítica do bromuro. Ten numerosas aplicacións derivadas da súa radioactividade, que é posta de manifesto pola reacción


    FORMULA
    Así, por exemplo, emprégase mesturado con berilio para a fabricación de fontes de neutróns, se a radiación á que emite é de suficiente enerxía (5,8 MeV) para provocar reaccións nucleares en elementos lixeiros:


    FORMULA2
    Tamén atopa aplicación na preparación de pinturas luminescentes e en medicina no tratamento de tumores (radioterapia). Pola súa similitude co calcio ten tendencia a acumularse nos ósos, en que a radiación ã pode producir lesións nos centros produtores de glóbulos vermellos da medula ósea, que orixinan anemia aplástica e sarcomas. O contido total permisible de radio no organismo humano é de 0,1 ìg. A radioactividade do radio, un gramo do que experimenta 3,7 × 1010desintegracións por segundo, deu lugar á definición da unidade de radioactividade denominada curie.

  2. bromuro de radio [QUÍM]

    Conxunto de cristais incoloros que se volven amarelos co tempo, moi corrosivos, que funden a 728°C. Empréganse na preparación do metal, en medicina e, mesturados con sulfuro cálcico, na preparación de pinturas luminescentes. Pola súa radioactividade é altamente tóxico.

  3. cloruro de radio [QUÍM]

    Conxunto de cristais amarelados moi corrosivos e extremadamente tóxicos, solubles en auga e alcohol, que funden a 1.000°C. Empréganse en medicina e na preparación de pinturas luminescentes.