"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Kraje (‘rexión’) de Eslovaquia, no centro do país (9.455 km2; 663.845 h [1998]). A súa capital é Banská Bystrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artiodáctilo ruminante de grandes dimensións e de cores castañas, coas patas brancas. Viven nas zonas forestais ou lamacentas da Insulindia e pódense domesticar para o consumo de carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucia Longhi Lopresti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico iltaliano. É autor de traballos importantes sobre a patoloxía do bazo, principalmente sobre as anemias de orixe esplénica (1882). Déuselle o seu nome a unha forma de esplenomegalia (enfermidade ou síndrome de Banti).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadro clínico, descrito inicialmente polo médico italiano Guido Banti, que representa unha forma de hipertensión portal, na que destaca unha grande esplenomegalia con pancitopenia e frecuentes e graves hemorraxias dixestivas. OBS: Denominación en desuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico canadense. É autor de estudios básicos sobre a fisioloxía do páncreas que o levaron, xunto con C. H. Best e J. Macleod, ao descubrimento da insulina (1921). En 1923 compartiu o Premio Nobel de Medicina con Macleod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Estudiou na Royal Academy of Music (1889-18939, dirixiu The New Quaterly Musical Review e foi profesor de Música na Universidade de Birmingham (1908-1934). Compuxo unha gran cantidade de obras: óperas, poemas sinfónicos, ballets, sonatas (violín e violoncelo), música para piano, para coro, cancións, etc. Entre os seus títulos destacan: Omar Khayyám (1909), oratorio e a obertura The Pierrot of the Minute (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Creador de vestiarios cinematográficos. Foi colaborador de Ernst Lubitsch, de Max Ophüls e de Josef von Sternberg, especialmente para Marlene Dietrich e Louise Brooks.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés da baía de Baoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bantús ou ás súas linguas.

    2. Individuo pertencente a calquera dos pobos de lingua bantú.

    3. Conxunto de pobos de características antropolóxicas e culturais moi diversas. Habitan en África, ao S dunha liña que vai dende as costas atlánticas, ao nivel do Douala, ata a desembocadura do Juba, no Índico, exceptuando principalmente a zona sudoccidental do continente, ocupada polos khoisánidos e os europeos. Este pobo chegou á rexión na que vive actualmente logo de sucesivas migracións de orixe incerta. Segundo as escolas alemá e sudafricana, os bantús son orixinarios do Kurdufān ou do alto Nilo, ao N da rexión dos Grandes Lagos. Outros especialistas están de acordo en situar máis ao O un foco prebantú, aproximadamente na conca do Benue, ao N do Camerún. De acordo con esta teoría, os estudios lingüísticos de Malcolm Guthrie dan un segundo foco protobantú na área da lingua bemba actual, en Zambia, dende onde se expandiron en diversas direccións cara á rexión dos Grandes Lagos, á conca do Congo e ao S. É indubidable a existencia das emigracións cara á conca do Congo e á rexión dos...

    4. Familia de linguas afroasiáticas que, á súa vez, está incluída na macro-familia níxer-congo, que agrupa entre 300 e 500 linguas empregadas na parte central e no sur de África; o seu dominio esténdese ao S dunha liña que vai dende Douala ata a desembocadura do Juba, exceptuando os territorios ocupados polos bosquimáns e os hotentotes, e tamén as partes de Kenya e Tanzania nas que se falan linguas nilóticas meridionais. O termo bantú foi introducido por W.H.I. Bleek no ano 1858 e significa ‘xente’ en protobantú. A reunión desta familia lingüística afín, segundo Lepsius, á centroafricana, é unha das máis importantes descubertas da ciencia moderna. Seguindo as investigacións de Cust distínguense 168 linguas bantús que presentan 55 dialectos diferentes; o parentesco entre elas é tan grande coma o que se dá entre as linguas indo-xermánicas, e maniféstase tanto nas raíces coma nas formas gramaticais. Considerada tradicionalmente unha familia independente, Greenberg incluíuna na familia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na República Sudafricana durante a vixencia do réxime do apartheid, territorio reservado aos pobos indíxenas africanos, nos que gozaban, en teoría, dos mesmos dereitos ca os brancos nos seus territorios. Os bantustáns (Bantu Homelands) instituíronse en 1951, mediante a promulgación da Bantu Authorities Act, sobre a base das reservas de negros creadas en 1913 e 1936, co obxectivo de que os indíxenas puidesen conservar a súa identidade étnica e desenvolver a súa cultura, ata chegar, nun futuro indeterminado, ao pleno autogoberno. A Promotion of Bantu Self-Government Act de 1959 previña a creación de bantustáns polos principais grupos étnicos, dotados dunha autonomía limitada. Transkei (1962-1963) foi o primeiro bantustán creado, ao que lle seguiron Bophuthatswana (1972), Ciskei (1972), Lebowa (1972), Venda (1973), Gazankulu (1973), KwaZulu (1973), Qwaqwa (1974), KwaNdebele (1977) e KaNgwane (1984). En virtude da Bantu Homelands Constitution Act de 1971, que previña a progresiva independencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz árabe, plural apocopado da voz árabe ibn ‘fillo’. Utilízase na formación de numerosos antropónimos: Banū Birzal, Banū Ǧ ahwar, Banū Ġāniya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia árabe cordobesa (1031-1068). Abū-l- Ḥ azm ibn Ǧ ahwar, que deu nome á liñaxe, destronou o último Califa de Córdoba, Hišām III, aboliu o Califato e estableceu unha república municipal no termo de Córdoba. No 1068 os abbaditas tomaron Córdoba rematando coa dinastía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber, Un dos seus membros, Mu ḥ ammad ibn ‘Abd Allāh, foi o creador da Taifa de Carmona (1013). O abbadita al-Mu’tadid incorporouna aos dominios sevillanos (1067).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber que se independizou nas Illes Balears e en Ifrīqiya durante época almohade. Alī ibn Yūsuf, lugartenente do almorábide Yūsuf ibn Tašfīn, casou cunha parenta deste, Ġāniya (de quen tomou nome a dinastía), e tivo dous fillos: Ya ḥ yà e Mu ḥ ammad, gobernador de Mallorca seguramente dende 1126. Durante a conquista almohade do Al-Andalus, Mu ḥ ammad ibn Ġāniya conseguiu a autonomía das Illes Balears. Dos seus fillos, semella que Mu ḥ ammad ibn I ṣ hāq ibn Ġāniya permaneceu no goberno das Balears, namentres que ‘Alī ibn Is ḥ āq ibn Ġāniya levou a rebelión antialmohade a terras norteafricanas. A actuación dos Banū Ġāniya precipitou a decadencia almohade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que os árabes deron aos descendentes de Gómez Díaz, conde de Saldaña. Serviron sucesivamente ao Califato Omeia e ao Rei de Castela, e opuxéronse á actuación do Cid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia árabe de orixe baladí que gobernou a Taifa de Zaragoza dende o 1039 ata o 1110. O fundador foi Sulaymān ibn Mu ḥ ammad ibn Hūd, chamado al-Musta’īn, que antes de morrer dividiu o reino entre os seus fillos, deixando Zaragoza a Abū Ǧ afar A ḥ mad al-Muqtadir, Lleida a Yūsuf al-Mu ẓ affar, Calatayud a Sulaymān e Tudela a Mum ḥ ammad. Al-Muqtadir (1046-1081) desposuíu sucesivamente os seus irmáns e anexionou Tortosa (1059) e Dénia (1076), facendo do seu goberno o momento de máxima expansión do Reino. Foi vasalo de Fernando I de Castela e aliado de Sancho García de Navarra contra Sancho Ramírez de Aragón. Acolleu o Cid no seu desterro. Ao morrer repartiu os seus territorios entre os seus fillos, outorgando Zaragoza e Tortosa ao seu fillo Yūsuf al-Mutamin (1081-1085), e Lleida e Dénia a Mun ḏ irImād al-Dawla (1081-1090); estes iniciaron unha época de continuadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber orixinaria de Santaver (Cuenca). Os seus membros instauraron unha Taifa en Toledo (1036-1085) cando desapareceu o Califato de Córdoba. Este reino, sometido a presións considerables pola súa privilexiada situación xeográfica, tivo como derradeiro soberano a Yahya al-Qādir, que abandonou a cidade en mans de Afonso VI (1085).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber que, despois da conquista do N de África polos musulmáns, obtivo a soberanía en Tilimsen (750?) e adoptou o credo kharigita. Unha rama desta dinastía sostivo a Taifa de Ronda (1039-1059).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber, coñecida xeralmente co nome de dinastía benimerina.

    VER O DETALLE DO TERMO