"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo británico. Foi profesor na Universidade John Hopkins, de Baltimore, ata 1986, ano no que regresou a Oxford. Iniciouse na escola cuantitativa en Bristol. Evolucionou cara ao marxismo, centrando as súas reflexións sobre o espazo urbano. Publicou Explanation in Geography (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Geoffrey De Havilland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Olivia De Havilland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Moravia, na República Checa (87.113 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa superior ionizada da atmosfera, situada entre os 80 e os 120 km de altitude. É a principal compoñente da ionosfera. As ondas radioeléctricas de frecuencia menor de 6 MHz que chegan a esta capa son reflectidas outra vez cara á Terra, propiedade na que se basean as transmisións de radio a longa distancia. A existencia desta capa foi postulada por Heaviside e, independentemente, por A.E.Kennelly. Tamén recibe o nome de capa E ou capa Kennelly-Heaviside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Función H(x) real de variable real definida por
                                             0, x < 0
                            H (x) = {                            
                                            1, x > 0
    Emprégase en casos en que unha magnitude pasa bruscamente de 0 a un valor constante non nulo. As propiedades de H(x) deron lugar á teoría de distribucións. Tamén recibe o nome de función escalón ou escalón unitario de Heaviside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático inglés. Desenvolveu a teoría do cálculo vectorial e creou o calculo simbólico. Estudiou a teoría das ondas electromagnéticas, a telefonía e a telegrafía, e formulou a hipótese da capa de Heaviside.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión apto para aterrar ou poñerse sobre a auga, grazas á forma da súa fuselaxe, ou porque vai provisto de flotadores en lugar dun tren de aterraxe. O primeiro hidroavión de utilización práctica foi construído en 1911 por Glenn Curtis en EE UU. Durante a Primeira Guerra Mundial empregáronse en operacións marítimas, pero o desenvolvemento dos portavións relegouno a segundo termo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Estudiou en Heidelberg, en Leipzig e en París. Dedicouse á lóxica matemática, aplicou á xeometría os novos instrumentos lóxicos introducidos por Peano. Foi un dos principais representantes da escola formalista e o creador da metamatemática. Introduciu o concepto de espazo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou debuxo na School of Desing de Edimburgo. Entre 1831 e 1832 ilustrou libros de autores como Walter Scott. Membro fundador da Royal Scottish Academy, traballou na formación da National Academy of Scotland (1850). Especializouse no retrato e no calotipo xunto con R. Adamson. Da súa obra destacan os efectos de luz e cores que conseguía mediante espellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fotógrafo e artista gráfico inglés. Cun estilo derivado do pop art evocou, con cores brillantes, imaxes de repouso e benestar, ademais da relación cos seus amigos. Especializouse na realización de colaxes fotográficas xigantescas. Das súas obras destacan A bigger splash (1967), Mr. and Mrs. Clark and Percy (1970) e Nichols Canyon (1980). Publicou David Hockney by David Hockney (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Occidente (395-423), fillo de Teodosio I. Foi o primeiro emperador trala división do Imperio Romano-Xermánico. No seu goberno loitou contra os bárbaros, que devastaban o Imperio de Occidente   e trasladou a capital a Ravenna, onde lexislou a favor dos cristiáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor. Emigrou a EE UU, onde traballou ata 1877. Construíu e patentou un aparato telegráfico impresor (1855) e fixo estudios sobre o magnetismo. En 1878 inventou o micrófono de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, historiador e economista escocés. A súa filosofía procede do empirismo de J. Locke e do idealismo de G. Benceley. Centrou a súa doutrina no home e proxectou a crítica empirista sobre as ideas de substancia e causalidade, ás que desproveu do seu tradicional sentido metafísico e reduciu a unha mínima coexistencia permanente de impresións sensibles e a unha sucesión reiterada de fenómenos. Considerou que o motor e guía da vida humana eran os costumes, a imaxinación e as paixóns e que os criterios morais radicaban no sentimento, de igual modo que na base da sociedade están os intereses dos cidadáns. Entre as súas obras destacan Treatise of Human Nature (1740), Political Discourses (1752), History of England (1759) e Dialogues concerning Natural Religion (1779).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha das fontes, os documentos e as tradicións principais (abreviada, J) que se discernen no Pentateuco. Ten como trazos característicos, entre outros, o uso do nome de Iavé (e non o de Elohim) e o de Israel (en lugar de Xacob). Presenta unha visión universalista da historia e unha concepción antropomórfica de Deus. Orixinaria do Reino de Xudá, esta fonte é anterior ao 721 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Despois de colaborar en diversos medios de comunicación escrita, fundou   en Port-Bou o periódico Tramontana (1924). Posteriormente, foi redactor de El Correo de Galicia. Escribiu La Puerta del Sol (1930), os dramas Noche de amor y misterio (1935) e De fiada (1935), e a zarzuela El estudante de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desidia ou falta de vontade para realizar algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de impávido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten medo e ante un perigo mostra serenidade de ánimo.

    2. Propio da persoa impávida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de ingrávido.

    2. Ausencia de peso dun corpo material como resultado do seu movemento libre e só baixo a influencia combinada de gravidade e inercia. Os tripulantes dunha astronave entran no estado de ingravidez ao final da fase propulsada e permanecen neste estado durante toda a traxectoria orbital ata o momento en que actúan de novo os propulsores, ou no que a nave queda sometida ao rozamento aerodinámico ao retornar á atmosfera. O estado de ingravidez é tolerado durante varios meses polo home debidamente adestrado, a quen lle produce alteracións fisiolóxicas non moi adversas. O estado de ingravidez en estacións orbitais chámase tamén cero-g, gravidade cero e, con máis rigor, ambiente de microgravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO