hidroavión

hidroavión

(< hidro- + avión)

s m [AERON]

Avión apto para aterrar ou poñerse sobre a auga, grazas á forma da súa fuselaxe, ou porque vai provisto de flotadores en lugar dun tren de aterraxe. O primeiro hidroavión de utilización práctica foi construído en 1911 por Glenn Curtis en EE UU. Durante a Primeira Guerra Mundial empregáronse en operacións marítimas, pero o desenvolvemento dos portavións relegouno a segundo termo.

Sinónimos