"Ain" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 537.

    1. Que é fino, sutil ou delicado.

    2. Que florece antes de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. A súa obra poética é unha das máximas manifestacións do lirismo contemporáneo. O seu primeiro libro, Poèmes saturniens (1866), baixo a influencia de Baudelaire, manifesta unha crise moral que se acentuou co tempo, ata que pareceu encontrar o equilibrio ao casar (1870). Fêtes galantes (1869) e La bonne chanson (1870) son obras deste período de felicidade, que non sobreviviu á guerra e á Comuna. Despois de ser mobilizado volveu á bebida e perdeu o traballo, e coa chegada a París de A. Rimbaud (1871) consumou a disolución do seu matrimonio. Despois dunhas relación tempestuosas, disparou contra Rimbaud, e xa no cárcere escribiu o volume Romances sans paroles (1874), onde revelou unha poética nova baseada na música do verso. Publicou Sagesse (1881) e Jadis et naguère (1885), que conteñen algúns dos seus máis destacados poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alto funcionario político-administrativo que gobernaba un vicerreinado como representante do rei e con plenitude de xurisdición civil, criminal e administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Bretaña (225 km). Nace nos outeiros do baixo Maine (Francia), preto de Juvigné. Desemboca no Atlántico, ao SL da badía de Kiberen (Quiberon).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Articulista. De nome Damián Álvarez Villa­laín, dirixiu a Fundación Casares (2003-2005) e desde 2006 é asesor do presidente da Xunta de Galicia na área de cultura. Coor­dinador da comisión de teatro do Con­sello da Cultura Galega (desde 1998), ta­mén participou no consello reitor do Ins­­tituto Galego de Artes Escénicas e Teatrais (desde 1997). Foi xefe de prensa e publicacións do concello de Santiago (1988), director do Centro Dramático Gale­­go (1989-1991), presidente da Asociación Galega de Editores (1998-2000) e subdirector da Editorial Galaxia (1991-2002). Colabora en diversas publicacións periódicas, como Grial, Leer, Luzes de Galicia e A Nosa Terra. Realizou a dramaturxia de Um inimigo do povo (1997) para o Teatro do Noroeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Especializouse en lexislación sobre teatro e cine. Colaborou en ABC e Pueblo e escribiu Derecho cinematográfico español (1952) e Summa de legislación del espectáculo (1962); a peza teatral Las luciérnagas (1963) e libros de ensaio e narrativa, como La España de la postguerra, de camisa vieja a chaqueta nueva (1976), Al tercer año resucitó (1978), La chapuza nacional (1990),   Los rojos no usaban sombrero (1995) e Los pasos contados (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Stoke-on-Trent 14.3.1925 - Oxford 24.5.1994) Escritor inglés. Representante dos Angry Young Men, cultivou a poesía, Letters to Five Artists (1965) e a novela, Comedies (1990). Destacou como ensaísta con obras como The Living World of Shakespeare (1964) ou Professing Poetry (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Río do Deccan, en India continental, tributario do Godāvari (580 km). Nace na zona oriental dos montes Sātpura (Mahādeo Hills), e durante case a metade do seu curso constitúe a fronteira entre os estados de Mahārā Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṣ h Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ṭ ra e Āndhra Pradesh.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Papúa Nova Guinea (23.800 km2; 184.508 h [2000]). A súa capital é Kimbe (14.565 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montañas dos Apalaches, ao L do estado de New Hampshire, EE UU. Acada o seu cumio no monte Washington (1.912 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montes volcánicos do SL de Alasca, preto da fronteira con Canadá. O seu cumio acada os 5.036 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao xainismo ou aos seus seguidores.

    2. Membro do xainismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión india, fundada no s VI a C por Vardhamāna, chamado Mahāvīra, vinte e catro jīna. Como o budismo, é unha reacción contra o brahmanismo, aínda que non adoptou a cosmoloxía. Dividiuse en dous grupos desde o s I a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas e da xerga dos cabaqueiros ou telleiros que corresponde á voz ‘amigo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía celta, muller do Rei Artur. A súa relación adúltera con Lancelote do Lago, prototipo do amor cortés, narrada na novela en verso Lancelot ou Le chevalier de la charrette (1177-1181) de Chrétien de Troyes, foi utilizada polos inimigos de Artur para destruír o seu reino e acabar cos cabaleiros da Táboa Redonda. Esta personaxe aparece na literatura galega na tradución medieval do Livro de Tristan (s XIV), ademais de en obras como Merlín e familia i outras historias (1955), de A. Cunqueiro, ou Amor de Artur (1982), de X. L. Méndez Ferrín.

    VER O DETALLE DO TERMO