Verlaine, Paul
Poeta francés. A súa obra poética é unha das máximas manifestacións do lirismo contemporáneo. O seu primeiro libro, Poèmes saturniens (1866), baixo a influencia de Baudelaire, manifesta unha crise moral que se acentuou co tempo, ata que pareceu encontrar o equilibrio ao casar (1870). Fêtes galantes (1869) e La bonne chanson (1870) son obras deste período de felicidade, que non sobreviviu á guerra e á Comuna. Despois de ser mobilizado volveu á bebida e perdeu o traballo, e coa chegada a París de A. Rimbaud (1871) consumou a disolución do seu matrimonio. Despois dunhas relación tempestuosas, disparou contra Rimbaud, e xa no cárcere escribiu o volume Romances sans paroles (1874), onde revelou unha poética nova baseada na música do verso. Publicou Sagesse (1881) e Jadis et naguère (1885), que conteñen algúns dos seus máis destacados poemas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Metz -
Deceso
Lugar : París