"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de botar pola boca os alimentos engolidos.
-
-
-
Paso estreito que serve de acceso a unha baía ou fondeadoiro.
-
Furado do bou polo que se introducen os peixes capturados.
-
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Santiago de Compostela (1774-1782). Foi penitenciario de Coria, arcediago de Almería e dende 1757, bispo de Guadix e de Baza. Dende o momento en que tomou posesión do seu cargo en Santiago, en abril de 1774, dedicouse sobre todo á predicación. Nos seus sermóns e pastorais realizaba unha defensa a ultranza do Absolutismo. No ano 1777 nunha pastoral e na obra Saludable Medicina (1778) denunciaba a penetración de obras procedentes de Europa que poñían en perigo o equilibrio social existente, con novas ideas sobre a soberanía do pobo. Rousseau e Voltaire son obxecto dun acoso constante por parte deste arcebispo, aos que acusa de irracionais e apóstolos de Satanás.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Cursou estudios de Dereito Canónico. Foi cronista real e bibliotecario de Fernando de Austria. Influído por Góngora, é autor, entre outras obras, de Rimas y Prosas (1627), La lira de las musas (1637), El nuevo Olimpo (1648) e Fiesta real y votiva de toros (1648).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Momento último da tarde en que comeza a facerse de noite.
-
No período de tempo que precede a noite.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa groseira, que usa as frases e palabras máis obscenas e indecentes na conversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siloxismo da terceira figura, que aparece na lóxica aristotélico-escolástica, no que a premisa maior e a conclusión son particulares negativas, e a premisa menor, universal afirmativa ( modo).
-
VER O DETALLE DO TERMO
bocarte.
-
-
Costa non moi pronunciada que baixa ata un val próximo ao mar ou a un río.
-
Zona xeográfica comprendida entre unha ribeira do mar ou do río e unha montaña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño que pode acadar ata 20 cm de lonxitude, coa boca grande e o maxilar superior moito máis saínte ca o inferior. A aleta dorsal sitúase no medio do corpo, entre as pélvicas e a anal. É de cor verdosa ou azulada, cos flancos prateados. Pasa o inverno en augas profundas, achégase na primavera ás zonas litorais para desovar e permanece preto da costa ata finais de outono. Distribúese polo Mar Mediterráneo e polo Océano Atlántico, dende Marrocos ata o Mar do Norte, onde se alimentan de plancto. Os bocartes péscanse de noite con redes, atraéndoos mediante luces. Ten unha grande importancia económica; a súa forma salgada é a anchoa. Tamén é importante ecoloxicamente, xa que dependen del gran número de especies de aves mariñas. A súa carne graxa e saborosa é moi apreciada. Boa parte do que se captura destínase á industria conserveira para facer as anchoas. Frescos admiten diversas preparacións: fritos, en adubo ou en vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Panamá (8.917 km2; 123.655 h [estim 1996]). A capital é Bocas del Toro (2.515 h [1990]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
A última tella de cada unha das canles dun tellado.
-
PERSOEIRO
Escritor. Iniciouse en Florencia na arte mercantil. No 1327 foi enviado a Nápoles para traballar na sucursal da compañía Bardi, ata o ano 1334. Como consecuencia da creba dos bancos Bardi e Peruzzi, viuse obrigado a instalarse de novo en Florencia, onde acadou fama e autoridade; deste período data a súa amizade con Petrarca. Na súa produción cómpre subliñar dous períodos: o primeiro (ata o ano 1355) comprende as súas obras de creación en italiano; o segundo período (dende o 1355) comeza co menosprezo da obra literaria anterior e incluso co intento de destruíla, e caracterízase pola dedicación á escritura de libros de erudición, xeralmente en latín. Moitas das súas obras foron a preparación lingüística e poética da súa obra máxima: o Decamerón, que tivo unha grande influencia na literatura universal. As primeiras obras foron escritas en Nápoles: La caccia di Diana (A caza de Diana, 1333?), poema mitolóxico en tercetos, o Filocolo (1336), novela de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia xenovesa datada desde principios do s XIII. Deu gran número de políticos, militares e financeiros, entre os que destacan: Simone Boccanegra (? - ? 1363). Primeiro duque de Xénova (1339-1344 e 1356-1363). Unha revolta popular e xibelina elevouno á cabeza suprema da República de Xénova, e unha conxura nobiliaria obrigouno a depoñer o poder (1344); no ano 1356 foi reelixido. Foi o protagonista da obra Simón Boccanegra (1843) de García Guttierrez, na que se basea a ópera homónima de Verdi (1857). Egidio Boccanegra (? - Sevilla 1367) foi almirante de Castela. Dirixiu as operacións navais do sitio de Algeciras (1342-1344) e estableceu o bloqueo marítimo de Xibraltar (1349). A causa da súa adhesión a Enrique II de Trastámara (1366), cando este perdeu a guerra foi executado. Ambrogio Boccanegra (? - Palma del Río 1373) foi almirante de Castela, nomeado por Enrique II. No ano 1372, a súa flota, no sitio de La Rochelle, derrotou...
-
PERSOEIRO
Compositor e violoncelista. Foi a Madrid no ano 1768 e entrou ao servizo do infante Luís Borbón. Foi compositor de cámara de Federico Guillerme II de Prusia (1787-1797). A súa extensa produción inclúe catro concertos para violoncelo, un Stabat Mater (1800) e numerosos cuartetos e quintetos para corda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, pintor e teórico da arte. Foi un dos principais representantes do Futurismo. A partir do ano 1898 entrou en contacto co Cubismo e co Divisionismo. No ano 1910 asinou o Manifesto dos pintores futuristas e no 1912 o Manifesto técnico da escultura futurista, do que foi redactor. Co libro Pitture e no-sculture (Pintura e non-escultura, 1914) converteuse no teórico do movemento. A pintura Elasticidade (1912) é unha síntese das novas invencións plásticas, que influíron especialmente na obra de Medardo Rosso. Cun lirismo barroco, introduciu nas súas obras o tempo e o movemento. Está considerado un dos principais innovadores da escultura contemporánea. A súas teorías sobre escultura anuncian as creacións posteriores: propuxo o uso dos novos materiais como as luces e o cristal así como a introdución de motores eléctricos. Entre as súas obras salientan: Retrato da miña nai (1912), Desenvolvemento dunha botella no espazo (1912) e Formas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei da Mauritania oriental (118-81 a C). Sogro de Iugurta, este ao principio axudoulle contra os romanos (108-107), pero despois entregoullo a Sila.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Moldura lisa e convexa de sección cilíndrica.
-
En Xeometría, corpo xerado pola revolución dun círculo ao redor dunha recta exterior a el.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Lugo. As súas armas levan, en campo de goles, un cestiño.