"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
PERSOEIRO
Emperador de Austria (1848-1916) e rei de Hungría desde 1867, fillo do arquiduque Francisco Carlos e de Sofía de Baviera, sucedeu ao seu tío Fernando I. Aspirou a fundir nun estado multinacional todos os pobos do imperio e a gobernar cun réxime autoritario centralizado en Viena. En política exterior, en 1859 os italianos derrotárono en Magenta e Solferino e, posteriormente, perdeu Lombardia. A cuestión dos ducados de Schleswig-Holstein e a disputa pola hexemonía da Confederación Xermánica conduciron á Guerra Austro-Prusiana, na que foi derrotado en Sadova (1866). Estas derrotas facilitaron os movementos nacionalistas húngaros. Tralo Ausgleich (1867), Hungría constituíuse en estado autonómo, vinculado a Austria só na súa persoa e foi coroado rei de Hungría xunto coa súa muller, Isabel de Baviera. En 1908 anexionouse Bosnia-Hercegovina, feito que provocou as tensións que levaron, en 1914, ao asasinato do seu sobriño e sucesor, o arquiduque Francisco Fernando, en Saraxevo, e ao inicio da Primeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Rusia, no Océano Ártico, que pertence administrativamente ao oblast de Arkhangel’sk. Os glaciares cobren o 87% da superficie. As illas máis importantes son Terra de Alexandra e illa de Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Entallador. De orixe non galega, foi veciño de Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, o cofre da custodia de San Pedro de Xallas (Negreira), a custodia da capela do rei de Francia na catedral compostelá (1556) e un retablo para Santo Andrés de Xeve (Pontevedra, 1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín serodio franciscus, adxectivo étnico que constitúe unha adaptación do xermánico *frankisk ‘franco, propio dos francos’; trala fusión étnica entre os francos conquistadores e a poboación orixinaria galorrománica, franciscus pasou a significar ‘francés’. Como outros adxectivos étnicos, pasou a usarse co tempo como nome persoal ou como sobrenome. Presenta a variante Franco e os hipocorísticos Farruco, Fuco, Paco, Pacucho, Pancho, Panchulo, Pipo, Cholo, Chuco, Pachico, Chicolo, Quico, Xico, Cisco, Curro, Cheche, Chicho, Chesco, Chisco, Fran, Francucho/Paca, Paquiña, Pacucha, Quica, Fuca. Este nome espallouse, especialmente, a raíz da sona acadada por san Francisco de Asís (1182-1226); tamén na tradición cristiá son moitos os santos que teñen este mesmo nome, como san Francisco de Asís (celebrado o 4 de outubro), san Francisco de Paula (o 2 de abril), san Francisco Xavier (o 3 de decembro), san Francisco de Borja (o...
-
GALICIA
Militar e político. Fillo dun funcionario naval, en 1907, ao non poder ingresar na Escola Naval por permanecer pechada daquela, ingresou na Academia de Infantería de Toledo, onde rematou a súa formación en 1910 co grao de segundo tenente de Infantería. A súa personalidade política debe ser interpretada principalmente a través da súa traxectoria militar. Ascendeu rapidamente na escala: tenente (1912), capitán (1915), comandante (1917), tenente coronel (1923), coronel (1925) e xeneral de brigada (1926). Agás breves períodos nos que estivo destinado en Ferrol (agosto 1910-febreiro 1912) e Oviedo (1917-1920), fixo a súa carreira militar en África. En 1923 asumiu a xefatura da Lexión Estranxeira, que dirixiu na campaña do Rif, no desembarco de Alhucemas e na reconquista do Protectorado, en 1925. Ao seu retorno de Marrocos, en 1926, foi nomeado director da Academia General Militar (Zaragoza, 1928-1931). Trala proclamación da Segunda República e o peche da Academia, foi comandante militar da Coruña...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ourense (1769-1775). Doutor en Teoloxía pola Universidad de Salamanca, onde foi catedrático de Filosofía. Foi autor da Oración fúnebre en las solemnes exequias que la Universidad de Oviedo consagró el día 27 de noviembre de 1764 a la inmortal memoria de Fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (1765).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e erudito. Comisario e inspector da Obra Pía dos Santos Lugares de Xerusalén, autentificou o redescubrimento das reliquias do Apóstolo Santiago en 1879. Colaborou en El Libredón e escribiu, xunto con José María Fernández Sánchez, Santiago, Jerusalén, Roma: diario de una peregrinación a estos y otros santos lugares de España, Francia, Egipto, Palestina, Siria e Italia, en el año del jubileo universal de 1875 (1880-1882) e Guía de Santiago y sus alrededores (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Narón (1978-1990) e, dende 1990, é xefe do servizo de asistencia técnica da Deputación da Coruña. Das súas obras cómpre destacar a casa cuartel da Garda Civil nas Pontes de García Rodríguez, o mercado municipal de Caranza (Ferrol) e a restauración da igrexa de San Xurxo da Coruña. Coautor de Proyecto y ciudad histórica (1977) e Piornedo. Estudio básico para a rehabilitación integrada dunha aldea galega (1987), escribiu Arquitectura modernista no Ferrol, 1900-1925 (1978). Ocupou, entre outros cargos, a presidencia da delegación do COAG en Ferrol (1980-1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Preceptista portugués. Foi o teórico do neoclasicismo portugués e preceptista gramatical en Reflexões sobre a língua portuguesa e no Dicionário poético. Foi o autor dunha Arte poética asinada baixo o pseudónimo de Cândido Lusitano onde teorizou sobre os xéneros poéticos de acordo coa tradición clásica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escritor e profesor. Diplomado en Maxisterio, licenciado en Filoloxía Inglesa e Filoloxía Románica pola Universidad Complutense. Profesor de ensino primario, secundario e de universidade, colaborou en distintas publicacións como Madrygal, Dorna, A Freita e Casa da Gramática e foi director de O Espello, suplemento literario de A Freita, de Castelo das Letras, coordinador de O Roibén, director académico de Ianua e codirector de Agora ou Nunca. Autor de literatura xuvenil e infantil e de obras de investigación, da súa produción destaca O xabaril que quería engalar (1991), Les esperances d’Abu el-Hol (1993), Te cuento lo que quieras (1993), Lucía (1994), A luva máxica (1994), Chuvanet o gnomo aprendiz de tenor (1994), El nome de la cosa (1997), Azul e terra (2000), Canto de Nedara (2001), Notes de lingüística asturlleonesa (2001), Introdución a la pragmática (2001), El gallego exterior a las fronteras administrativas (2001),...
-
PERSOEIRO
Fotógrafo e arqueólogo inglés. En 1850 abriu unha editorial e a partir dese momento dedicouse a fotografar ruínas de catedrais e pontes ferroviarias. Realizou tres viaxes a Exipto e Palestina (1856-1860), onde empregaba o proceso do colodión húmido; alí conseguiu imaxes de diferentes desertos. Ao seu regreso a Inglaterra vendeu unha serie de vistas que se recollían en 76 álbums co título de Egypt and Palestine Photographed and Described by Francis Frith. Outras tantas imaxes apareceron reunidas en 60 álbumes titulados Cairo, Sinai, Jerusalem and the Pyramids of Egypt. Co tempo especializou a súa editorial Frith & Co en tarxetas postais e contratou fotógrafos de todo o mundo para que lle subministraran diferentes vistas. Ademais, publicou o traballo doutros destacados fotógrafos do momento, como Roger Fenton.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. A súa investigación está centrada en historia da educación, sobre a que ten publicado A orientación agropecuaria da escola primaria en Galicia (1980), Escolarización y sociedad en Galicia, 1875-1900 (1987), Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo rural (1989), Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia (1875-1900) (1990), Escolantes e escolas de ferrado (2001, Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito, 2001; Premio Anual á Investigación Antón Losada Diéguez, 2002 e Premio da Crítica Galicia á Investigación, 2002) e Arximiro Rico, luz dos humildes (2001), este último en colaboración con Xosé Manuel Sarille, así como diversos artigos en revistas especializadas e colaboracións en libros colectivos. É membro do comité de redacción de Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, do consello de redacción de Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria (Salamanca), do consello editorial da Revista Galega de Educación e vogal da...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barbarismo que consiste no emprego de voces ou xiros procedentes da lingua francesa noutra lingua. Os galicismos poden ser fonéticos, morfosintácticos (o calco da preposición a en expresións como *cociña a gas por cociña de gas), léxicos (transfírese un signo) e semánticos (transfírese a substancia semántica, que se vincula a un signo xa existente na lingua receptora). B. Pottier distingue o galicismo sincrónico (o termo francés aínda se sente como estranxeiro, como por exemplo foie-gras, frivolité) do galicismo diacrónico ou etimolóxico (que xa forma parte do léxico desa lingua ao adaptarse a ela e dar lugar a novos derivados: xardín > xardinería; chantaxe > chantaxear).
-
-
Relativo ou pertencente ao galicismo.
-
Que ou quen usa galicismos.
-
-
PERSOEIRO
Naturalista e estatístico británico. Fixo estudios e investigacións sobre meteoroloxía, metodoloxía estatística, antropoloxía, psicotecnia e herdanza biolóxica, de maneira especial dos caracteres físicos e psíquicos do ser humano, e creou a euxenesia. Estableceu a chamada oxiva de Galton, curva representativa da función de repartición da lei de probabilidade normal. A súa obra principal é Hereditary Genius (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dificultade para pronunciar as consoantes velares.
-
PERSOEIRO
Conquistador. Acompañou a C. Colón na segunda viaxe ás Indias (1493) e foi nomeado gobernador da illa de Xamaica (1514), na que realizou unha nova repartición de indios e fundou as vilas de Santiago de la Vega e Oristán. En 1518 recibiu a capitulación para explorar as terras entre Florida e Pánuco, o que o enfrontou a H. Cortés. En 1523 Carlos I recoñeceu a inclusión destas terras na xurisdición de H. Cortés, polo que se retirou á cidade de México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan Cerca de Oviedo (1946), Cuentos de mamá (1952), Antología de cuentistas españoles contemporáneos (1959), Cuentos republicanos (1961), El teatro social en España (1962), El reinado de Witiza (Premio da Crítica 1969), Las hermanas coloradas (Premio Nadal 1969) e Cuentos de amor...vagamente (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador de publicacións como Barbanza e A Motora, publicou Fuxida no solpor e 12 poemas (Premio do Certame Poético Domingo Antonio de Andrade, 1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Dende 1984 forma equipo con Salvador Fraga Rivas e Manuel Portolés Sanjuán, cos que realizou, entre outras obras, a remodelación do Auditorio ao aire libre do Parque de Castrelos de Vigo (1997), a xerencia de urbanismo do concello de Vigo (1997) e a remodelación arquitectónica do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) (1998-2002). Entre outros galardóns, recibiu o Premio Joseph Lluís Sert polas actuacións no litoral da ría de Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO