galicismo

galicismo

(< lat Gallĭcu)

s m [LING]

Barbarismo que consiste no emprego de voces ou xiros procedentes da lingua francesa noutra lingua. Os galicismos poden ser fonéticos, morfosintácticos (o calco da preposición a en expresións como *cociña a gas por cociña de gas), léxicos (transfírese un signo) e semánticos (transfírese a substancia semántica, que se vincula a un signo xa existente na lingua receptora). B. Pottier distingue o galicismo sincrónico (o termo francés aínda se sente como estranxeiro, como por exemplo foie-gras, frivolité) do galicismo diacrónico ou etimolóxico (que xa forma parte do léxico desa lingua ao adaptarse a ela e dar lugar a novos derivados: xardín > xardinería; chantaxe > chantaxear).

Palabras veciñas

Galicia´89 | Galicien Magazin | galicinio | galicismo | galicista | Galicja | gálico -ca