Galicien Magazin
Galicien Magazin
[PUBLIC]
Revista editada a partir de 1996 polo Galicien-Zentrum da Universität Trier, en Alemaña. Coordinada por Dieter Kremer, presidente da Deutsch-Galicischen Gesellschaft (Sociedade Galego-Alemana) e apoiada pola dirección xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, incluíu artigos referidos á literatura, á tradución e recensións en alemán e galego. Ademais das colaboracións de destacados intelectuais galegos, contou coa participación de Johannes Kabatek e Franck Meyer, entre outros.