"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PERSOEIRO

    Bioquímico. Estudiou na Universidade de Bos Aires. Foi director do Instituto de Investigacións Bioquímicas da Fundación Campomar, director do departamento de bioquímica da Universidade de Bos Aires e presidente da Asociación Arxentina para o Progreso das Ciencias. Fixo traballos sobre as células vexetais e sobre determinados aspectos do metabolismo dos hidratos de carbono, descubriu algúns enzimas da glicoxénese e tamén os gliconucleótidos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1970) polo descubrimento dos gliconucleótidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antoine Louis Prosper Lemaître.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desfiladeiro situado nos Pireneos, Nafarroa, ao comezo do Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta estadounidense. Coñecido como Carl Lewis, foi campión do mundo en Helsinqui (1983) e Roma (1987) en 100 m lisos, salto de lonxitude e 4 x 100 m lisos. Gañou catro medallas de ouro (100 m, 200 m, 4 x 100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984), dúas (100 m e salto de lonxitude) nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988), outras dúas (salto de lonxitude e 4 x 100 m) nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) foi medalla de ouro en salto de lonxitude. Retirouse en 1997. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias do Deporte (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (338 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento agrarista constituído en Madrid o 30 de xuño de 1910, despois dunha serie de reunións no Centro Galego en que participaron, entre outros, Portela Valladares, Basilio Álvarez, Alfredo Vicenti, Emilio Rondal e Prudencio Landín. Contou con tres directores, A.Vicenti, E. Vincenti e Portela Valladares, e tiña como secretario a Basilio Álvarez. O seu programa concentrábase na redención foral. Apoiado polos republicanos pontevedreses, o Directorio de Teis e a prensa republicana madrileña, a revista Acción Gallega serviulle de voceiro. Organizou unha campaña de mitins en Pontevedra e Lugo protagonizada por Portela Valladares, en que se enfrontou cos seus rivais dentro do partido liberal. Disolveuse rapidamente polas diferencias entre os seus membros e despois da desaparición de Acción Gallega, en setembro dese ano, o distanciamento dos seus líderes levou á súa extinción no mes de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Freddie Bartholomew, foi un dos nenos prodixio dos estudios Metro Goldwyn Mayer durante a década de 1930. Participou, entre outras, nas películas Ana Karenina (1935), Poor Little Rich Girl (1936), Little Lord Fauntleroy (1936) e Captains Courageous (1937).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Profesor de economía aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, desde 1999 dirixe o Instituto Universitario de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). As súas investigacións céntranse nos campos da economía e política agraria, desenvolvemento rural e economía rexional. Escribiu Movilidad de la tierra y dinámica de las estruturas agrarias en Galicia (1996) e, xunto a X. M. Fernández Leiceaga, Estrutura económica de Galicia (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, arqueólogo e prehistoriador. Foi cronista oficial de Ortigueira (1892), e fundou e dirixiu os xornais El Cabo Ortegal e El Ortegano. Vinculouse á Federación Agraria de Ortigueira (FAO) e como alcalde impulsou o asociacionismo agrario e a creación do Boletín Oficial do Concello de Ortigueira (1916). Estudiou a prehistoria de Galicia, catalogou máis de 200 exemplares de arquitectura megalítica, realizou diversas escavacións arqueolóxicas e publicou numerosos artigos sobre o desenvolvemento agrario e temas históricos. Das súas monografías destacan Crónicas de Ortigueira (1892) e Bares. Puerto hispánico de la primitiva navegación occidental (1947). Foi membro da Real Academia Galega. No mes de xullo de 2000 constituíuse a Fundación Federico Maciñeira, dedicada ao desenvolvemento de actividades culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benedetto da Maiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino de orixe descoñecida que talvez proceda do grego mammé ‘nai, mamá’. Presenta as variantes Mamedio, Amede e Amedio. É avogoso das amas de cría e a tradición popular vinculouno co latín mamma ‘mama, seo’. San Mamede de Cesarea (s III), foi pastor e mártir baixo o Emperador Aureliano. Na tradición galega é patrón dos panadeiros e protector da lactancia e da feitura do pan. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pastor e mártir. Perseguido por Diocleciano, refuxiouse nun bosque onde predicou o Evanxeo ás feras. Foi acusado de meiguería e no anfiteatro romano botárono a un león e un oso, que se deitaron mansamente aos seus pés. Finalmente foi martirizado por un gladiador. Viste túnica curta e manto e como atributos leva un tridente e feras. A súa festividade celébrase o 17 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Pantón. Da súa antiga fábrica, posiblemente do s XIII, consérvase a porta principal que conta cun tímpano semicircular apoiado en xambas lisas. Sobre o arco de descarga consérvase unha imaxe da Virxe co Neno da mesma época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proclama que se publicou en novembro de 1826 polos voluntarios realistas españois, partidarios do absolutismo e descontentos pola actitude lixeiramente moderada de Fernando VII. O documento propugnaba un pronunciamento militar para darlle o poder ao irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Acadou fama internacional coa súa obra mestra Estro poetico-armonico, unha colección de 50 salmos. Tamén compuxo a sátira sobre a ópera contemporánea Il teatro alla moda (1720), a pastoral Calisto in Orsa (1725) e as óperas Dorinda (1729) e Arianna. O seu irmán Alessandro Marcello (Venecia 1684-1750), foi violinista, discípulo de Tartini, e deixou música instrumental e relixiosa, unha cantata de cámara e concertos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, erudito e pedagogo. Formado nos obradoiros de Eusebi Arnau, viaxou por Roma, Florencia, París e Bruxelas ata que estableceu o seu taller en Barcelona. Foi considerado un dos principais especialistas españois en estatuaria monumental (Vitòria 1932-1940). Foi presidente da Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi. Participou na Exposición Internacional de 1929 e en diversas actuacións en Montjuïc e a Plaça de Catalunya. En 1946 fundou en Barcelona, con fondos da súa colección particular, o museo que leva o seu nome, declarado Ben de Interese Cultural en 1962. Publicou El mundo fascinante del coleccionismo y de las antigüedades (1977) e Informes sobre monumentos catalanes (1984). Recibiu a medalla de ouro da Generalitat (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e princesa das Dúas Sicilias, condesa de Barcelona, filla do infante Carlos de Borbón Borbón e Luísa de Orléans. Casou en 1935 en Roma con Xoán de Borbón e Battenberg. Viviu no exilio en Roma, Cannes, Lausanne e Estoril. Foi nai do Rei Xoán Carlos I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España, filla de Antonio de Orléans, duque de Montpensier e da infanta María Luísa Fernanda de Borbón. Casou en 1878 co seu curmán o Rei Afonso XII e morreu de tifo ao cabo de seis meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República Federal de Rusia, situada no centro da parte europea de Rusia, á beira do río Volga (23.200 km2; 761.400 [estim 1999]). A capital é J ǒ skar-Ola. O relevo é unha planicie ao NL e cara ao O descende converténdose nunha depresión pantanosa. O clima é moderadamente continental. O Volga é o río principal, e transcorre pola fronteira S da república ao longo de 150 km. A meirande parte do territorio está cuberto de coníferas. O 45% da poboación é urbana. Nos recursos naturais destaca a extracción de cuarzo, silicatos e turba. A industria principal é a mecánica e a forestal, aínda que tamén posúe industria do papel e de aparatos semicondutores.

    VER O DETALLE DO TERMO