Maciñeira Pardo de Lama, Federico
Político, arqueólogo e prehistoriador. Foi cronista oficial de Ortigueira (1892), e fundou e dirixiu os xornais El Cabo Ortegal e El Ortegano. Vinculouse á Federación Agraria de Ortigueira (FAO) e como alcalde impulsou o asociacionismo agrario e a creación do Boletín Oficial do Concello de Ortigueira (1916). Estudiou a prehistoria de Galicia, catalogou máis de 200 exemplares de arquitectura megalítica, realizou diversas escavacións arqueolóxicas e publicou numerosos artigos sobre o desenvolvemento agrario e temas históricos. Das súas monografías destacan Crónicas de Ortigueira (1892) e Bares. Puerto hispánico de la primitiva navegación occidental (1947). Foi membro da Real Academia Galega. No mes de xullo de 2000 constituíuse a Fundación Federico Maciñeira, dedicada ao desenvolvemento de actividades culturais.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Mañón -
Deceso
Lugar : Ortigueira