"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Calidade de endémico.

    2. Taxon de área territorial significativamente inferior á área media dos taxons do seu mesmo rango. Os endemismos orixínanse, as máis das veces, polo illamento xenético dunhas determinadas poboacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • endomorfismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fenómeno mediante o que as rochas ígneas son interpenetradas polos sedimentos que as envolven, por medio dun metamorfismo de contacto, de xeito que chegan a modificar a composición desas rochas ígneas.

    2. Aplicación dunha estrutura alxébrica E en si mesma, conservándoa. Pódese demostrar que o conxunto de endomorfismos sobre unha mesma estrutura posúe estrutura de espazo vectorial se se define a suma e o produto de endomorfismos. Unha vez definida unha función determinante non dexenerada en E, chámase determinante dun endomorfismo ao determinante da matriz que o representa referido a calquera base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que a rede hidrográfica dunha rexión non desemboca ao nivel da base xeral oceánica. As augas superficiais desaugan nos sectores máis deprimidos e forman lagos e pantanos de diferente extensión. Débese fundamentalmente á aridez climática (carencia de precipitacións e forte evaporación), pero pódese formar tamén polo relevo (cubetas pechadas) e pola natureza do terreo (infiltracións ou impermeabilidade). As rexións endorreicas son case sempre lugares cun índice de pluviosidade moi baixo, sen alcanzar, non obstante, as características das zonas desérticas, totalmente desprovistas dunha conca hidrográfica. Entre as principais áreas endorreicas destacan as da cubeta iraniana e a de Uighur Zizhiqu do Mar Caspio, do mar de Aral, do lago Balkhas e do Mar Morto no continente asiático; as do lago Txad, do lago Rodolfo, e as rexións de pantanos de Okavango, no continente africano; as grandes concas pechadas norteamericanas de Nevada e Utah, no continente americano; a conca superior do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría desenvolvida polo químico F. W. Ostwald a finais do s XIX que establece que todas as propiedades da materia e incluso os fenómenos psíquicos son formas especiais de enerxía, que se poden reducir a unha especie básica denominada enerxía absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultivo do ensaio literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófica elaborada por Epicuro que sostiña que o fin último da vida era alcanzar a felicidade a través do pracer.

    2. Calidade de epicúreo.

    3. Actitude de quen busca exclusivamente o pracer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que considera os procesos nerviosos como elemento esencial, en detrimento da consciencia, fenómeno accesorio e ineficaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación interespecífica na que o hospedeiro non resulta prexudicado polo epífito, que se limita a utilizalo como soporte. Hai especies epífitas na maioría dos grupos vexetais autótrofos e son frecuentes entre os mofos, os liques ou os fentos. Os epífitos vasculares son propios das selvas pluviais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que un composto con máis dun átomo de carbono asimétrico se converte nun diastereoisómero opticamente inactivo de maneira selectiva, en función do centro de asimetría que teña un átomo de hidróxeno e sexa adxacente a un grupo carbonilo, a través dun proceso de enolización. O resultado é a transformación parcial da substancia orixinal a no seu isómero c, que se denomina epímero do primeiro composto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morfismo epixectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente teolóxica que acentúa o papel do episcopado dentro da estrutura eclesial. Iniciado no s XV e ligado ao concilianismo, foi defendida polos bispos españois no Concilio de Trento. Rexeitado polo Concilio Vaticano I, que definiu a supremacía do papa, o episcopalismo constitúe as raíces da teoloxía da colexialidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Siloxismo que ten como premisa a conclusión dun siloxismo anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da arte circense que consiste en manter en equilibrio diversos obxectos ou o propio corpo, normalmente en situacións anómalas ou de inestabilidade complexa. Cómpre destacar o equilibrio corporal con obxectos, como no caso do uso de zancos, recurso moi empregado no teatro de rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marcha semellante á do cabalo, causada por unha lesión que afecta á musculatura inervada polo ciático poplíteo externo.

    2. Estado patolóxico do pé, que está en tensión forzada e só descansa sobre os dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ideolóxico derivado do pensamento de Erasmo de Rotterdam. De carácter humanista, distinguíronse o erasmismo filolóxico e o teolóxico. O erasmismo teolóxico inseriuse noutras correntes espirituais paralelas, no espiritualismo medieval persistente nos alumeados, no reformismo savonaroliano e nos primeiros cenáculos luteranos. Difundiuse a través do Colexio Trilingüe de Louvain e dos erasmistas moderados da facultade de Teoloxía como M. van Dorp e Adrián de Utrecht. En Alemaña, adoptárono algúns partidarios de M. Lutero, como U. von Hutten, J. Reuchlin, L. C. Melanchton, E. Wimpfeling e G. Witzel. Os erasmistas ingleses, entre eles T. Wolsey, tamén adoptaron a súa relixiosidade renovadora. En Francia, o cenáculo erasmista de Meaux, ao redor do bispo G. Briçonnet, decantouse cara a un evanxelismo independente, representado por L. d’Étaples, e cara ao protestantismo, da man de G. Farel e L. de Berquin. En Italia, centrouse en Nápoles, no cenáculo de Juan de Valdés e derivou cara á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de vida relixiosa que levaban algúns cristiáns que dedicaban a súa vida á oración e ao retiro en soidade. Xurdiu no s III e o primeiro eremita coñecido foi san Paulo de Tebas. O seu seguidor Antón encargouse de propagar o eremitismo como modo de vida no Alto Exipto, e de alí estendeuse a Oriente. Santo Hilario propagouno por Palestina e san Gregorio de Nacianzo e san Basilio o Grande implantárono na Capadocia. Máis tarde foi substituído polo cenobitismo que fundara Pacomio en Exipto. Santo Anastasio, san Xerome, san Rufino, san Casiano de Marseille e san Bieito de Nursia espallárono despois por Occidente, onde a partir dos ss XII e XIII os eremitas se agruparon en ordes relixiosas, como a de san Paulo ou santo Agostiño, aínda que moitos eremitas permaneceron coa súa vida de oración de xeito independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exaltación das propiedades vitais dun órgano.

    2. Hipersensibilidade de calquera das partes do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intoxicación producida por fungos do xénero Claviceps, normalmente por mor da inxestión de fariña de centeo afectada polo cornizó ou por fármacos obtidos deste fungo, como a ergotamina.

    VER O DETALLE DO TERMO