"Nande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 594.

  • GALICIA

    Escultor. Artista autodidacta, realizou cruceiros, figuras relixiosas e profanas, nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles. A súa obra, caracterizada pola forza expresiva, con influencia do románico galego, está espallada por España, Europa e América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Santiago de Compostela 1880 - A Coruña 1950) Mestre. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1894-1897) e na de Madrid (1897-1898). Desde o curso 1902-1903 foi mestre da escola pública da rúa do Socorro, na Coruña e, pouco despois, da escola de nenos da rúa Orzán, ata o ano 1950. Centrou o seu labor docente no estudo do neno e na acción educativa nas distintas situacións e, neste sentido, participou no programa de clases nocturnas para obreiros, organizadas pola Escuela Popular Gratuita. Desde 1903 formou parte da organización das colonias escolares da Lagoa, nas Mariñas, e, desde 1906 dirixiu as Colonias Escolares de Niños Pretuberculosos. Ademais, a súa acción escolar completouse coa participación e dirección pedagóxica, compartida con X. R. García Niebla, do Patronato Local de Colonias, e coa colaboración na FETE e na Institución Vanguardia Pedagógica. En 1912, a través da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, realizou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Delegado territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990), participou na redacción da Lei de Pesca de Galicia e foi director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Foi vicepresidente do consello de administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) e do Patronato do Museo de Pontevedra. Alcalde de Pontevedra polo PP (1995-1999), foi vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Destacou pola consideración nos proxectos dunha análise topográfica e cultural do lugar onde se sitúan as súas obras. Nas obras de rehabilitación parte dun estudo dos elementos preexistentes para conxugalos coa arquitectura de nova creación. Aos materiais tradicionais, a pedra e a madeira, engádelles puntualmente outros máis actuais como o cinc e o aceiro. Destaca tamén o emprego do aluminio no exterior dos edificios, xeralmente de uso públicos. Das súas obras caben salientar os centros de saúde da Doblada (1993-1999), Coia (1996-1999) e Casco Vello (2001-2003) de Vigo, o pavillón polideportivo de Manzaneda (1998-2000) e a facultade de Ciencias Económicas e Empresarias (1988-1991) e o novo Reitorado (2003) da Universidade de Vigo. A rehabilitación da Casa de Arines de Vigo (1998), sede do Instituto Camões, recibiu o Premio Gómez Román, e da dunha antiga fábrica de salgadura en Aldán (Cangas), para convertela nunha casa de turismo rural, o Premio Europa Nostra (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta. Embaixador da República en Londres (1931-1936) e discípulo de Leopoldo Alas Clarín, a súa obra poética, modernista, en La paz del sendero (1904), converteuse en ideolóxica e conceptual a partir de El sendero innumerable (1916). As súas primeiras novelas foron realistas e con trazos autobiográficos, como A.M.D.G. (1910). Con Belarmino e Apolonio (1921) comezou unha nova etapa en que dominou o intelectualismo. Destacan tamén a súa novela en dous volumes Luna de miel, luna de hiel/Los trabajos de Urbano y Simona (1923), o libro de poemas El sendero andante (1921), e os ensaios Hermann encadenado. Libro del espíritu y del arte italiano (1917), Política y toros (1918) e Fábulas y ciudades (1961). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1927) e foi membro da Real Academia Española (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Niebla e grande de España, comendador da orde de Calatrava. Foi mordomo de Carlos II e lugartenente de Catalunya (1690-1693), e fracasou na loita contra os franceses. De volta na corte, primeiro apoiou a Mariana de Neoburgo pero máis tarde defendeu os Borbóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou como redactor no Diario de Lérida, como redactor xefe en El Correo Gallego e xefe de sección de El Progreso para logo pasar á CRTVG, onde foi xefe de Informativos da Televisión de Galicia e, desde xullo de 2002, director da Radio Galega. Presidiu a Asociación da Prensa de Lugo e a Federación de Asociacións de Prensa de Galicia. Publicou Historia de la Casa-Fortaleza de Camba (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Xeneral, durante a Revolución de Setembro de 1868 participou no derrocamento da Raíña Isabel II. Tomou parte nas principais accións militares contra os independentistas cubanos e, de volta á Península (1881), foi gobernador militar de Ciudad Real e capitán xeneral de Castela a Vella e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Director da revista Aturuxo, colaborou en diversas publicacións con traballos en que trata temas galegos e canarios. Da súa obra destacan Un episodio de los tiempos celtas (1969), La historia de Canarias en episodios (1971), El cine en Canarias (1981) e Gallegos en Gran Canaria: memorias de la Casa de Galicia en Las Palmas de Gran Canaria (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Doutor Arquitecto pola Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1968) e catedrático de Proxectos Arquitectónicos na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña desde 1990, as súas obras caracterízanse polo estudo do espazo, integrando as construcións na contorna, afastándose da sección limitada e cúbica, e destacando o espazo interior. Achegou elementos diferenciadores da cultura galega, nun compromiso ético e estético, e preocupouse pola arquitectura moderna, pero respectando as formas autóctonas. Realizou múltiples obras e proxectos de planificación urbana e territorial. Destacan entre outros o plan especial de intervención no Pazo de Oca e arredores (Premio Nacional de Urbanismo, 1981), a rehabilitación da carballeira de santa Miña e novas edificacións e a súa contorna (Medalla de ouro do Consello de Europa, 1982), a rehabilitación do castelo de Soutomaior (1982), o plan especial do Camiño de Santiago na provincia da Coruña (1992), a facultade de Belas Artes e Restauración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio anual que concede a Fundación Fernández Latorre desde 1959, dirixido a aqueles artigos con referencias a Galicia aparecidos en calquera medio de comunicación, tanto nacional como estranxeiro. Entre 1997 e 2002 ampliouse a tres premios nas modalidades de prensa, radio e televisión, e medios audiovisuais, aínda que en 2003 volveu novamente ao apartado de prensa escrita. O primeiro galardoado foi Miguel González Garcés, autor do ensaio “El Ser de Galicia” (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Bacharel en Teoloxía na Universidad de Navarra (1992) e diplomado en arqueoloxía cristiá polo Pontificio Instituto de Archeologia Cristiana de Roma, especializouse en literatura cristiá antiga. Desde 1995 é profesor no Instituto Teolóxico Divino Maestro de Ourense e desde 1998 director do Centro Teolóxico a Distancia San Martín da diocese ourensá. Colaborador de diversas publicacións, escribiu Impresos y bibliotecas del siglo XVI en Ourense (2004). No ano 2012, foi nomeado Vicario para la Nueva Evangelización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Estivo ao servizo da Coroa de Castela e participou na expedición de Álvaro de Mendaña ás illas Salomón e Filipinas (1595). En 1605, con tres barcos que lle proporcionou o vicerrei de Perú, navegou cara ao O, cara á mítica terra australiana. Obrigado a virar pola súa tripulación, descubriu a illa de Espíritu Santo (Novas Hébridas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Catedrático de Xeografía da Escola Superior de Comerç de Barcelona, participou nas actividades do Ateneo de Madrid e exiliouse en Reino Unido ao remate da Guerra Civil Española. Xefe de programación da sección española da BBC, coa colaboración de Plácido Castro creou o Galician Programme (1947-1956). Ademais, colaborou en diversas publicacións galegas en América. Foi membro non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sociolingüista. Profesor asociado de lingüística xeral na Universidade de Vigo, os seus traballos diríxense cara á dimensión social da linguaxe, o estudo crítico do discurso, a pragmática e os métodos de investigación social. Formou parte do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1997), participando nas investigacións e publicacións que levaron á elaboración do Mapa Sociolingüístico de Galicia. Desde 2000 é un dos editores da revista Estudios de Sociolingüística e colaborou na redacción de obras como Vender en galego (1997), Manual de Ciencias da Linguaxe (2000) e Pensando na linguaxe (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense, en 1956 converteuse en conselleiro delegado da empresa familiar Ramilo SA. Foi presidente do Sindicato Provincial de la Construción, Vidrio y Cerámica (1966-1970) e da xunta local de Vigo de Acción Social (1969-1970). Alcalde de Vigo (1970-1974), emprendeu o primeiro Plan de Ordenación Urbana da cidade e foi procurador en Cortes en representación dos concellos de Pontevedra (1971-1974). Presidiu a Caixa de Aforros Municipal de Vigo e foi senador por Coalición Popular (1986-1989). Presidente do Consejo Provincial de Empresarios (1974-1976), participou na fundación da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (1976), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (1977) e a Confederación de Empresarios de Galicia (1981), da que foi presidente (1991-2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e escritor. Coñecido como Ben-Cho-Shey, foi un creador e investigador multidisciplinar que se ocupou tanto do estudo de temas históricos, sociolingüísticos, etnográficos e arqueolóxicos, como da creación literaria nos xéneros narrativos, lírico e dramático. O seu primeiro escrito foi o conto “Deliraba”, publicado co pseudónimo de Xan Fouciño en O Tío Marcos d’a Portela (1918). En 1921 foi chamado a filas e enviado á Guerra de África, onde se converteu en correspondente de La Zarpa, comezando a empregar o pseudónimo de Ben-Cho-Shey. Estes artigos recolleunos anos despois en Crónicas de Marruecos (1985). En 1923 obtivo o título de mestre nacional na Escuela Superior de Magisterio de Madrid e dous anos despois comezou a súa actividade como docente, primeiro en Cariño e logo en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Traballou en Radio Popular de Ourense e Radio Popular de Vigo e en diversos xornais, como Faro de Vigo, La Voz de Galicia e Diario 16 de Galicia. Ademais foi correspondente de El Ideal Gallego e La Región e colaborou con diferentes medios de comunicación en Madrid, como Interviú, Sábado Gráfico e Ya. Foi delegado de El Correo Gallego en Vigo, colaborador de El Progreso, correspondente da axencia Europa Press e presidente da Asociación da Prensa de Vigo. Publicou Las segundas elecciones autonómicas gallegas (1985), en colaboración con Rodrigo Varela, La ética de los periodistas: la elaboración del código deontológico: influencias y desarrollo histórico (1996) e Manual de Derecho de la información y la publicidad (2000). Recibiu o Premio de Xornalismo Luís Taboada (1983 e 1984) e o Premio de Xornalismo sobre Patrimonio Histórico-artístico (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO