"Oti" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 532.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política española fundada en 1924 por Miguel Primo de Rivera para substituír os partidos políticos que o seu réxime ditatorial prohibira. O seu lema era “Patria, religión, monarquía” e o seu propósito, a continuidade do réxime. Adheríronse antigos membros do Partido Conservador e militares que querían situarse no novo réxime. O presidente do seu comité nacional foi José Gabilán. Desapareceu tras a caída de Primo de Rivera.
-
PERSOEIRO
Cónsul romano, sobriño de Publio Valerio Publícola. Participou no derrocamento dos decénviros. Nomeado cónsul (449), debeu ditar leis (Valeriae Horatiae) contra o poder dos nobres e que obrigaban a facer o plebiscito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista cinético grego. Coñecido como Takis, creou as antiesculturas-máquinas. Iniciou as súas esculturas telemagnéticas en 1959, que culminaron nos Ballets magnéticos de 1961. A partir de 1966 a súa investigación levouno a crear os Sinais luminosos. Publicou en 1966 a autobiografía Estafilades.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos visigodos.
-
Dereito propio dos visigodos. Orixinariamente popular e consuetudinario, adoptou unha forma escrita e codificada ao establecerse os visigodos no sur das Galias e, sobre todo, ao independizarse do Imperio Romano e estenderse cara a Península Ibérica. O Código de Eurico e a revisión feita por Leovixildo constitúen os seus primeiros exemplos, quizais de exclusiva aplicación aos súbditos de raza goda, mentres que os habitantes de ascendencia romana continuaron a gozar do seu antigo dereito, que foi obxecto dunha recompilación por Alarico II, coñecida como Breviario de Alarico ou Lex Romana Wisigothorum. Esta lexislación deixou paso progresivamente a unha lexislación única e xeral para todos os súbditos, plasmada no Liber iudiciorum de Recesvinto (654), revisado por Ervixio (681) e posteriormente reelaborada por xuristas privados.
-
Escritura latina que se usou nos territorios que formaron parte do antigo reino visigodo e que presentaba características e duracións variables nas distintas rexións. Distínguense dúas formas, a cursiva e a minúscula, ambas as dúas derivadas da escritura común nova do Baixo Imperio Romano. A cursiva non comezou a caracterizarse ata a segunda metade do s VII, a finais do dominio visigótico. A cursiva visigótica fixouse en tres ramas: a primeira coñecida pode chamarse astur-leonesa, que perdurou ata o s X; outra foi usada ata principios do s IX nas rexións catalá e narbonesa, mentres que a terceira perdurou polo menos ata o s XII entre os mozárabes do centro e o sur da península. A minúscula visigótica ofrece unha unidade maior ca a cursiva. Nos documentos e códices da Narbonense a escritura visigótica foi desbancada pola carolinxia a comezos do s IX. Constatouse que a escritura visigótica se mantivo ata os ss XII e XIII en Galicia e Portugal, e entre os mozárabes toledanos e os do sur da...
-
Conxunto dos ritos da celebración eucarística, da administración dos sacramentos e sacramentais, e do oficio divino, propios da Península Ibérica e da Galia narbonense. Tecnicamente, debería denominarse liturxia hispánica pois os termos visigótica e mozárabe indican etapas da súa formación e permanencia. No IV Concilio de Toledo (633), o rito hispánico recibiu a súa configuración definitiva, que sobreviviu só a través dos libros litúrxicos organizados durante o episcopado do arcebispo Julián de Toledo (680-690), autor dunha recensión do Liber missarum e do oracional festivo do oficio. O rito caracterízase na celebración eucarística polo uso de tres lecturas, recitar os dípticos e dar a paz antes do canon, que na súa presentación se divide en catro fórmulas, tres delas varían en cada celebración do ano litúrxico. A progresiva incorporación das zonas árabes da Península aos reinos cristiáns do norte fixo que esta liturxia desparecese, aínda que se mantén nalgunhas zonas de Toledo.
-
Moeda propia dos visigodos. Parece ser que foi cuñada por primeira vez cando se instalaron na Península Ibérica e que comezou coa imitación dos trientes bizantinos dos emperadores deste período, desde Anastasio ata Xustino II. Leovixildo foi o primeiro en incluír na moeda o nome da ceca onde se cuñaba.
-
Canto monódico da liturxia latina visigótica, afín ao canto gregoriano e ao das demais liturxias occidentais. Escrito en notación pneumática diastemática, consérvase en máis dunha vintena de códices e en varios fragmentos manuscritos que van do s IX ao s XIII. Malia os estudos paleográficos, é practicamente descoñecida a súa melodía, agás unhas poucas que se transcribiron en notación diastemática aquitana e catalá. Aínda que se lle presupón unha notación propia primitiva, os manuscritos nomean dúas escolas: a do norte, con pneumas verticais, e a de Toledo, máis tardía, que presenta trazos horizontais e cursivos.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo votiaco ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo votiaco.
-
Pobo pertencente ao grupo finés oriental, establecido nas terras da actual República dos Udmurtos. Cazadores e agricultores, ata o principio do s XX practicaban o cultivo alterno, vivían en cabanas de terra, con tellado en punta, e utilizaban ferramentas agrícolas de madeira.
-
udmurto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que foi ofrecido como voto ou como promesa.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico serbio. Especializado en debuxos animados, converteuse na figura máis significativa da Escola Cinematográfica de Zagreb. Dos seus filmes destacan Ersatz (1961, Oscar ao mellor filme animado en 1962) e Sedmi Kontinent (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto sintetizado pola industria química que non é producido ou metabolizado normalmente polos organismos vivos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao xenotipo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de xenes que determina os caracteres hereditarios dun individuo. Os caracteres que se manifestan externamente constitúen o fenotipo. Poden existir diferenzas fenotípicas entre organismos co mesmo xenotipo e similitudes fenotípicas entre individuos con diferente xenotipo.
-
-
Relativo ou pertencente aos ximnótidos.
-
Peixe da familia dos ximnótidos.
-
Familia de peixes teleósteos, da orde dos cipriniformes, que se caracterizan por ter o corpo comprimido, alongado e serpentiforme, e por posuír órganos eléctricos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel de Luis Alemany.