Unión Patriótica
Unión Patriótica
Organización política española fundada en 1924 por Miguel Primo de Rivera para substituír os partidos políticos que o seu réxime ditatorial prohibira. O seu lema era “Patria, religión, monarquía” e o seu propósito, a continuidade do réxime. Adheríronse antigos membros do Partido Conservador e militares que querían situarse no novo réxime. O presidente do seu comité nacional foi José Gabilán. Desapareceu tras a caída de Primo de Rivera.