Union pour la Démocratie Française

Union pour la Démocratie Française
Nome científico: [UDF]

Organización política francesa creada en 1978 por Valéry Giscard como unha alianza de partidos de centro non gaullistas. Integrada polo Parti Radical, o Parti Républicain, o Centre des Démocrates Sociaux e o Mouvement Démocrate et Sociale de France (Parti Socialdémocrate desde 1982), nas eleccións xerais dese mesmo ano converteuse na segunda forza política do país e participou nun goberno de coalición. En 2002 integrouse na Union pour un Mouvement Populaire (UMP) co Rassemblement pour la République (RPR) e o DL.