Unión Radio, Sociedad de Servicios Radiofónicos
Unión Radio, Sociedad de Servicios Radiofónicos
[COMUN]
Holding radiofónico constituído en 1993 polo Grupo Prisa a partir das emisoras da Cadena SER, Antena 3 Radio e outras adquiridas baixo concesión ou acordos económicos, que agrupa un total de 434 emisoras. A SER foi a matriz do grupo, adquirida progresivamente polo Grupo Prisa a partir de 1983 ata chegar a controlala (1992). Ese mesmo ano entrou no accionariado de Antena 3 Radio e beneficiouse da concesión de novas frecuencias (1989). A sociedade quedou constituída pola Cadena SER e as radiofórmulas Cadena 40, Cadena Dial (1984), Máxima FM (1992), M80 (1993) e Radiolé (1994), con máis de dez millóns de oíntes (2003).