Unión Postal Universal
Unión Postal Universal
Nome científico:
[UPU; ingl: Universal Postal Union]
Organismo internacional encargado de coordinar e regulamentar os servizos postais entre os diferentes estados membros (case todos os do mundo). Creada na Convención de Berna (1874) co nome de Unión Postal Xeral, adoptou a denominación actual na Convención de París (1878). Desde 1948 constitúe un organismo especializado da ONU, con sede en Berna.