Unión Republicana

Unión Republicana

Partido político constituído en Madrid en 1903 baixo a presidencia de Nicolás Salmerón Alonso. Abarcou todos os grupos republicanos do estado, menos os federais. As eleccións déronlle unha importante vitoria en Asturias, València e Madrid e o pulo republicano mantívose ata 1905. A partir de entón pasou a ser un partido especificamente catalán que, coligado co Centre Nacionalista Republicà e os federais, formou Esquerra Catalana (1909).