Unión Sindical Obrera
Unión Sindical Obrera
Nome científico:
[USO]
Sindicato obreiro, fundado en Asturias en 1960 a raíz do aumento do nivel de conciencia obreira producido pola conflitividade laboral nas minas asturianas. Malia a incorporación de sectores de militancia cristiá (Juventud Obrera Católica), foi sempre un sindicato aconfesional. Inicialmente colaborou con Comisiones Obreras. Deu moita importancia á autonomía sindical con relación aos partidos políticos, e impulsou un socialismo de autoxestión que intentou recoller unha corrente socialista diferenciada do PSOE e de UGT. En 1977 conseguiu a legalidade e celebrou en Madrid o seu primeiro congreso federal. Pese a unha escisión, dirixida polo antigo secretario xeral, José María Zufiaur, integrouse en UGT (1977).