Unión Republicana, La

Unión Republicana, La
[PUBLIC]

Xornal publicado en Pontevedra a partir do 2 de febreiro de 1892. Cesou en xaneiro de 1899. De tendencia republicana, foi dirixido por Valentín Peña e Pepe Juncal. Mantivo un enfrontamento co xornal católico El Áncora que o levou á excomuñón do xornal (23 de febreiro de 1989), ao procesamento dos directores e algúns dos redactores e, por último, á supresión da publicación.