"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Bioquímico sueco. Estudou na Universidade de Uppsala onde se doutorou en 1931. Creou o método de electroforese, que lle permitiu descubrir que os anticorpos están principalmente na fracción gamma das globulinas do soro. En 1948 recibiu o premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a análise química mediante a cromatografía de adsorción e a electroforese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral persa. Sátrapa de Lidia e Caria (413), foi substituído por Ciro II de Persia (407). Durante a rebelión deste contra seu irmán, axudou a Artaxerxes II na Batalla de Cunaxa e volveu novamente a ser sátrapa de Lidia. Na guerra entre Persia e Esparta foi vencido preto de Sardes por Agesilan’ (395). Destituído por traidor, foi levado a Colosas e executado polo sátrapa Titraustes por orde de Artaxerxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do N de Suecia de 570 km de lonxitude. Nace no lago Torne e desemboca no golfo de Botnia, no Mar Báltico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de tornear.

    2. Que está feito con torno.

    3. Que ten curvas ben trazadas.

    4. torneadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tornear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar forma a unha peza no torno.

    2. Dar forma arredondada a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combater nun torneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avultamento que forman a tibia e o peroné na zona de unión da perna co pé, formado polos dous maléolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar en que se desvía a auga dun rego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que traballa nun torno.

    2. Persoa que está ao cargo dun torno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Porriño baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Combate a cabalo, na Idade Media, entre cuadrillas de cabaleiros armados con lanzas, desenvolvido nun recinto circular, onde cada cabaleiro intentaba derribar ao seu contrario. Practicado en Europa desde o s XI ao s XVI, efectuábase no marco dunha festa pública con carácter de exhibición.

      2. Certame literario ou artístico.

    1. Competición individual ou por equipos que se disputa xeralmente por eliminatorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á moeda cuñada en Tours, Francia, ata o s XIII.

    2. Moeda de prata ou combinada con cobre que se cuñou en varios países europeos a partir do s XIII, seguindo o modelo da moeda tornesa francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten tres cornos ou puntas.

    2. Sombreiro de tres puntas, fabricado xeralmente de feltro, raso, pano ou charón. Adoptado polos eclesiásticos europeos durante os séculos XVI e XVII, no s XVIII foi propio da indumentaria militar e civil, e tamén da feminina. No s XIX foi adaptado para a Garda Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a paisaxe e a mariña e recibiu a influencia de C. Lorrain, entre outras obras, en Dido building Carthage (1815). Despois dunha viaxe a Italia (1817) investigou as luminosidades intensas e as cores, como en The Grand Canal, Venice (1835) ou The fighting Temeraire tugged to her last berth to be broken up (1838). Desde 1840 tratou temas onde os elementos desencadeados permiten expresar as vibracións da luz e o movemento, como en Rain, Steam and Speed (1844). A súa obra, expresión dun forte romanticismo, anunciou o impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. De nome Julia Jean Mildred France Turner, en 1937 debutou en comedias e musicais e co tempo converteuse en estrela do melodrama. Participou en The Postman Always Rings Twice (1948), The Bad and the Beautiful (1952), Imitation of Life (1959), Portrait in Black (1960), Love has Many Faces (1965) e Witches’ Brew (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. De nome Annie Mae Bullock, despois de cantar co seu home, Ike Turner, iniciou a carreira en solitario. O seu estilo inspirouse no soul e no rhythm and blues. Destacan os seus álbums Acid Queen (1975), Rough (1978), Private Dancer (1984), Break Every Rule (1988), Foreign Affair (1989), Simply the Best (1991) e Wildest Dreams (1996). En 1986 publicou a súa autobiografía, I, Tina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo. Levou a cabo traballos de campo co pobo ndembus ao NL de Zambia, que reflectiu en Schism and Continuity in an African Society (1975). Escribiu tamén A Forest of Symbols (1967) e The Ritual Process (1969), onde postulou que a vida social é un tipo de proceso dialéctico que comprende unha vivencia sucesiva de arriba a abaixo, da comunidade e a estrutura, da homoxeneidade e a diferenciación.

    VER O DETALLE DO TERMO