Tiselius, Arne Wilhelm Kaurin
Tiselius, Arne Wilhelm Kaurin
Bioquímico sueco. Estudou na Universidade de Uppsala onde se doutorou en 1931. Creou o método de electroforese, que lle permitiu descubrir que os anticorpos están principalmente na fracción gamma das globulinas do soro. En 1948 recibiu o premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a análise química mediante a cromatografía de adsorción e a electroforese.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Estocolmo -
Deceso
Lugar : Uppsala