"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe galega que trae como armas en escudo partido: primeira partición, en campo de prata seis flores de lis, de azul, dispostas en dous paus e segunda, en campo de goles, tres paus de ouro. Outra variante trae, en escudo partido: primeira partición, en campo de azul, un voitre, ao natural e segunda, en campo de ouro, unha ponte de pedra pola que pasan uns mouros. Outra trae, en campo de goles, bordura de ouro e azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, irmán de Ubaldo e Manuel Pasarón Lastra. Foi xuíz de Viveiro (1838) e xuíz de primeira instancia en Ferrol (1841), maxistrado da Audiencia de Valladolid (1842) e ministro da Audiencia de Pamplona (1843). Membro dos progresistas, foi deputado polo distrito de Ribadeo e pola provincia de Lugo (1850-1852) e intendente xeral de Cuba (1854-1856). Foi gobernador civil da Coruña e vicepresidente do Congreso. Escribiu Proyecto de bancos agrícolas para las provincias de Galicia y Asturias (1853), Informe sobre el estado en que halló a los colonos pobres de Galicia el hambre que los afligió durante el año 1853 (1853) e La Isla de Cuba considerada económicamente (1858). O seu irmán Manuel Pasarón Lastra (Castropol s XIX) foi xuíz en Ordes, secretario da Audiencia da Coruña e deputado pola provincia de Lugo (1854-1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e poeta, irmán de Ramón e Manuel Pasarón Lastra. Capitán do exército, foi destinado a Hispanoamérica. Proxectou a construción dun dirixible para a navegación aerostática que non se chegou a realizar. A súa obra poética está moi vinculada ao romanticismo, se ben non segue o canon establecido polo movemento. Colaborador de diversos xornais madrileños, editou Compendio de la historia de los árabes y berebéres: dividida en cuatro épocas (1860), baseado en textos do cabaleiro Florián; e, ademais de diversas obras teatrais, publicou Poesías y Leyendas (1850), Instrución castrametaria o breve método para acampar la Infantería en yermos y despoblados (1861) e o estudo Pilotage aeronáutico (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza arqueolóxica relacionada co arnés pola que se fai pasar as rendas dunha cabalaría. En Galicia consérvanse exemplares en bronce da época galaico-romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo alemán. Abandonou os estudos de medicina e dedicouse aos estudos xeográficos, en particular á xeomorfoloxía. Foi profesor de xeografía na Universidade de Hamburgo. Realizou viaxes de estudo aos continentes africano -deserto de Kalahari- e americano, e interesouse pola influencia das variacións climáticas na evolución do relevo. Destacan as súas obras Adamaoua (1895), Die Kalahari (1904) e Die Grundlagen der Landschaftskunde (Os fundamentos das paisaxes xeográficas, 1919-1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Documentado en Roma en 1551, traballou con T. Zuccari e destacou como retratista. En 1565 volveu a Boloña, onde dirixiu unha escola e fixo Madonna col bambino e santi (1565) e Presentazione di Gesú al tempio (1583), obras onde combinou o academicismo romano con elementos naturalistas. Cultivou tamén a pintura de xénero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado que asinaron Austria, Venecia e Turquía en xullo de 1718 para rematar a guerra iniciada en 1715 entre as dúas primeiras potencias e a última, derrotada en Belgrado. Os turcos cederon Temesvár e parte de Valaquia, Serbia e Austria, e conseguiron Morea, de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Cofundou a editorial Einaudi e coas súas traducións introduciu a obra de moitos novelistas estadounidenses en Italia, malia o control literario do fascismo, tal e como se reflicte no seu ensaio La letteratura americana e altri saggi (1951). Neorrealista, escribiu en todos os xéneros e a súa obra caracterizouse pola nostalxia da súa infancia e a tristeza, mesturadas con elementos clásicos e símbolos de complicada localización. Da súa produción destacan o libro de poemas Lavorara stanca (1936), en que realizou unha reflexión estética e persoal; a novela Paesi tuoi (1941), coa que foi coñecido inicialmente; o diario Il mestiere de vivere (1935), publicado postumamente en 1952 e onde expresa a súa introversión e a melancolía que o dirixiron cara ao suicidio; os contos de Feria d’agosto (1946) e as novelas La spiaggia (1942), La bela estate (1949) e La luna e i falò (1950), esta última considerada como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Directora e actriz de dobraxe. Colaboradora habitual de revistas como Pueblo y Cultura e A Festa da Palabra Silenciada, púxolle a voz ás actrices Elizabeth Taylor, Susan Sarandon e Jane Fonda en diversos filmes. Destacou na dirección da dobraxe de películas como Amadeus, Manhattan Sur, Kramer contra Kramer, O graduado e Todos os homes do presidente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Orbán (Vilamarín). O seu cumio acada os 751 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Opinión que se ten sobre algo.

      1. Facer uso da razón para formar unha idea, unha valoración ou un xuízo sobre algo ou alguén.

      2. Ter unha opinión ou unha idea na mente sobre algo ou alguén.

      3. Ter algo ou a alguén na mente.

    2. Crear algo, xeralmente cunha finalidade ou cunha aplicación, facendo uso da imaxinación e da intelixencia.

    3. Considerar algo como probable ou verosímil.

    4. Ter intención de facer algunha cousa.

      1. Formar unha idea, unha valoración ou un xuízo exercitando a capacidade intelectual e de raciocinio.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer uso da razón para formar unha idea, unha valoración ou un xuízo sobre algo ou alguén.

      2. Ter unha opinión ou unha idea na mente sobre algo ou alguén.

      3. Ter algo ou a alguén na mente.

    1. Crear algo, xeralmente cunha finalidade ou cunha aplicación, facendo uso da imaxinación e da intelixencia.

    2. Considerar algo como probable ou verosímil.

    3. Ter intención de facer algunha cousa.

      1. Formar unha idea, unha valoración ou un xuízo exercitando a capacidade intelectual e de raciocinio.

      2. Posuír a facultade de xulgar, de concibir ou de formar conceptos.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Opinión que se ten sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Dereito, traballou no campo da crítica literaria e histórica e foi redactor de Gaceta de Madrid. Das súas obras destacan Estudios de Cronología universal (1863), Una página de Cronología técnica. De los calendarios en la Edad Antigua (1863), Disertación sobre la Crónica de Pharos (1864) e Era de España. Apuntes de Cronología española (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Alpinista. Emprendeu máis de 40 expedicións a distintas cordilleiras, protagonizou un ascenso en solitario ao Denali (1972) e ao Annapurna (1974), e escalou, entre outros, o Cotopaxi, diversos volcáns de México e o Kilimanjaro. Escribiu Mi lucha por la montaña (1972) e Cinco montañas solo: memorias de un explorador (2000). Recibiu tres medallas de ouro ao mérito na montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor alemán. Traballou con Weissenkorcher o Vello en Salzburgo e con Kracker en Viena, aínda que a súa formación foi primordialmente italiana (1675-1689) e influída pola arte de Pietro da Cortona. Nomeado escultor da corte de Dresden (1689), traballou no Zwinger co arquitecto M. Pöpelmann (1711-1718) e fixo a Apotheose des Prinzen Eugen (1718-1721).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques que presentan o talo crustáceo liso ou verrugoso. Viven sobre as cortizas das árbores, en superficies leñosas ou suberosas. En Galicia localízase a especie Pertusaria ocellata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto italiano. Formouse e traballou en Siena con Il Pinturichio, e en Roma con Raffaello Sanzio (1516-1517). Construíu e decorou dúas salas da Villa Farnesina en Roma (1508-1511), dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano a partir de 1520 e, en 1535, comezou o Palazzo Massimo alle Colonne, un dos primeiros exemplos do manierismo arquitectónico romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ter algo ou alguén un peso determinado.

      2. Determinar o peso de algo ou alguén mediante un instrumento determinado.

    1. Considerar ou analizar a importancia de algo.

    2. Ter un corpo un peso.

    3. Facer algo sentir ou notar o seu peso sobre alguén.

    4. Exercer algo unha influencia negativa.

    5. Ser importante ou influente sobre algo ou alguén.

    6. Ser algo responsabilidade de alguén.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO